Val fluvial do río Lourido, nas parroquias de Cereo, Coristanco e Valenza (municipios de Cabana e Coristanco).

» O Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio comunica á Asociación galega Cova Crea,  a ampliación da AEIP 09_02 (Área de Especial Interés Paisaxístico do val fluvial do Lourido) á Carballeira de Santa Mariña do Remuiño en Corcoesto, municipio de Cabana de Bergantiños.

» Santa Mariña do Remuiño e a súa emblemática carballeira centenaria figura como Lugar de Especial Interés Paisaxístico no Catálogo das Paisaxes de Galicia. O LEIP Carballeira de Sta. Mariña de Corcoesto, forma parte da Área de Especial Interés Paisaxístico do val fluvial do río Lourido AEIP 09_02, tal e como se recolle no anexo cartográfico da Grande Área Paisaxística Chairas e Fosas Occidentais (páxina 340 do Catálogo das Paisaxes de Galicia).

» Isto foi posible á participación activa da cidadanía que colaborou nos Talleres de participación da Paisaxe organizados ao efecto polo Instituto de Estudos do Territorio, para a elaboración oficial do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

» O seguinte paso é o recoñecemento do val fluvial do Lourido como reserva fluvial.

A reserva natural fluvial é unha figura de protección para a conservación dos ríos. As reservas naturais fluviais son aqueles ríos, ou algún dos seus tramos, con escasa ou nula intervención humana e con unha elevada naturalidade, aos que se lle outorga esta protección coa finalidade de preservalos sin alteración. Os plans hidrolóxicos deben incorporar as reservas naturais fluviais das súas demarcacións.

O val fluvial do Lourido figura como área de especial interés paisaxístico no Catálogo das Paisaxes de Galicia, que formará parte do Atlas das Paisaxes de Galicia, para identificar e caracterizar os valores e potencialidades das 50 comarcas que conforman as doce áreas paisaxísticas nas que figura dividido o territorio galego, e no que tamen se integrarán as Directrices da Paisaxe.

O val forma parte das doce Grandes Áreas Paisaxísticas: a GAP “Chairas e Fosas Occidentais”. Figura referenciado como AEIP_09_02 Río Lourido.

Os seus valores naturais veñen dados por:

  • Área de conservación do LIC río Anllóns.
  • Área potencial de Escribenta das canaveiras.
  • ZEC río Anllóns.
  • ZEPVN río Anllóns.
  • Zona 3 Plan xestión do Lobo.

Na web valfluvialdolouridocorcoesto.com, recóllese información sobre das características do val.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s