A árbore das deidades: a presencia do loureiro en Corcoesto.

O loureiro en Corcoesto pódese atopar no val fluvial do río Lourido, nos valados dos montes. Pero sen lugar a dúbidas, o lugar por excelencia da boa fama do loureiro é a fermosa paraxe de Sta. Mariña do Remuiño. Na súa capela ríndese culto á Santa Mariña, sempre acompañado do loureiro.

Que ten de especial o loureiro de Sta. Mariña? É unha pranta vencellada á fertilidade e á boa saúde. É por tanto unha pranta protectora e chea de bondades.

Lembra a veciñanza que o loureiro da Santa Mariña estaba á beira do río Anllóns, e que era unha árbore grande. Sen embargo, a envergadura da pranta era un inconvinte para os mineiros ingleses que tiñan que colocar a maquinaria e o material da mina ao seu carón, e que por razón de espazo tanto lles molestaba, ata que un día o xefe ordeou dinamitar a árbore a principios do século XX.

loureiro da Sta. Mariña do Remuiño

Daquela árbore apenas se conservan restos á beira do río, e sen dúbida hoxe en día a maleza impide ver o que quedou dela. Sen embargo, nalgunha chousa ou tenza preto da capela aínda se conservan algúns retoños vizosos entre as pedras dos valados.

Onde tamen se atopa algún loureiro é no lugar de O Castro, no parapeto superior que rodea á croa do xacemento arqueolóxico, e tamen nos restos do parapeto e do foxo do castro do lugar Grande, en Corcoesto, no lugar chamado Quiñalde, lugar de culto ao deus romano Quirino.

No camiño de Os Loureiros, que conduce á igrexa parroquial de Corcoesto, tamen se conserva esta árbore, aínda que as talas agresivas fixeron que non conte co vigor de antano.

Por tanto, o loureiro en Corcoesto ocupa lugares aos que directa ou indirectamente se lles relaciona cos ancestros ou con lugares de culto, sexan paganos ou cristiás.

A planta do loureiro é orixinaria do leste Mediterráneo e de Asia Menor, desde onde se estendeu ao resto de Europa e América.
O nome científico do loureiro común, Laurus nobilis, provén do latín e significa notable, soado, polo que se asocia ao símbolo do triunfo desde as antigas culturas mediterráneas.
No Imperio Romano as follas de loureiro empregábanse para realizar as coroas triunfais de emperadores e xenerais vitoriosos. A imaxe de Julio César sempre aparece aureolada con esta folla entrelazada.

Alusións documentais:
A estes costumes fai referencia o médico e botánico grego Dioscórides no capítulo 86 do Libro I (tradución do catedrático Lagoa):
«O loureiro é árbore moi coñecida, porque non soamente en Italia e en España, emporiso tamén en Francia e en Alemaña, crece, dado que (léase, aínda que) nestas rexións frías é estéril de fructo. Consagraron o loureiro, os antigos, ao deus Apolo, e con el coroábanse, nos tempos pasados, todos os emperadores de Roma.»
«Para o cal efecto (segundo contan as romanas historias) un aguia enviada de Júpiter deixou caer no colo de Drusilla, muller de Augusto, unha galiña moi branca, a cal levaba no pico un ramillo de loureiro cargado de baias moi olorosas; o cal, plantado, multiplicou despois en grande abundancia. Coroaban tamén con loureiro, antigamente, a todos os vencedores, e, como a oliveira, era sinal de paz, ansí sempre o loureiro significaba vitoria.»

Usos máxicos:
O loureiro formaba tamén parte dos ritos adivinatorios de pitonisas e sacerdotisas, utilizábase arroxando ramas ao lume ou mascando as súas follas para favorecer o transo ata alcanzar as visións proféticas.

Ademais o loureiro protexía contra as tormentas e os raios. Por iso, nos valos das hortas era frecuente a súa presencia.
Para os cristiáns o loureiro é unha planta simbólica de encomio, formando parte do culto como é o caso do loureiro de Sta. Mariña do Remuiño, en Corcoesto. A rama de loureiro foi utilizada no escudo da Santa Inquisición formado pola Cruz, flanqueada pola espada e o loureiro.
Poucas herbas teñen tanta conexión coa mitoloxía grega e romana como o loureiro. A súa simboloxía transcendeu o tempo e o espazo, ata o punto de que actualmente esta herba segue sendo sinal de fama, valor e grandeza ao redor do mundo.
O loureiro é sinónimo de historia, de tradición, de grandeza. A razón é moi sinxela: na antigüidade os romanos, nas festividades do deus Saturno, entregaban unha coroa de loureiro aos homes que se destacaban polo seu valor ou polos seus méritos os en deportes. Personaxes importantes como Petrarca, o pai do humanismo, e Dante, poeta italiano, usaron esta coroa como sinal de engrandecimiento e fama. Isto co tempo converteuse nun símbolo que mesmo na actualidade lémbrase a pesar da antigüidade da tradición. Unha mostra diso é o termo laureado, que fai alusión a unha honra.
En Europa o loureiro é máis que un ingrediente de cociña ou un remedio natural contra certas afeccións do corpo; en moitos países dese continente plántase en xardíns ornamentais e dáselle formas orixinais.
Outra crenza respecto ao loureiro ten que ver coas artes da adiviñación. En Grecia, pitonisas e adivinadores o mascaban antes de iniciar as súas cerimonias para que lles aumentase a conciencia psíquica.
Na tradición cristiá o loureiro úsase para adornar a cruz e celebrar o 3 de maio o Día de de a Santa Cruz e lévase o domingo de Ramos á igrexa xunto nun ramo con pólas de olivo.

IMG_20160813_120512

Loureiro no muro oeste do castro do lugar Grande de Corcoesto.

O loureiro na cultura popular:

Aparta loureiro verde
deixa clarea-la lúa
que estou no medio do mare
non vexo cousa ningunha.

Arrimeime a ti loureiro,
pensando que eras calado,
loureiro larapeteiro,
todo o tés larapetado.

O loureiro raís de ouro

bota folliñas de prata.

Coller amores non custa

olvidalos si que mata.

Desgraciado do loureiro

que está á beira do camiño

cada persoa que pasa

tíralle o seu ramalliño.

Loureiros en Sta. Mariña do Remuiño.

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s