Castro do lugar Grande de Corcoesto: restos do parapeto da muralla oeste.

O Castro do Lugar Grande de Corcoesto, sen inventariar nen catalogar, mais está aí. As testemuñas da súa presencia son abondosas. Os restos máis visibles son o parapeto do muro oeste e o foxo, hoxe bastante afectados polas labores agrícolas, forestais e a concentración parcelaria da parroquia. Sen embargo, a súa historia é moi interesante.O lugar Grande sofreu fondas modificacións ao longo dos séculos. Desde as súa orixe como Castro defensivo (na fotografía aérea do ano 1975 aprécianse restos da muralla fortificada do  lado norte), ata converterse en Castro agrícola. O aumento da poboación obrigaba á construcción de recintos anexos amurallados. Posteriormente pasou a ser sede do poder romano durante a explotación do ouro. Moi preto, en Quiñalde os romanos rendían culto ao deus da guerra Quirino, no outeiro Quirinale. Os soldados romanos pedíanlle tempos de paz a Quirino.

imagen

Os  romanos  converteron  o  Castro  orixinario  no  asentamento  dos  mandos  administrativos e militares encargados de explotar as minas, e dispuxeron a súa organización en vivendas unifamiliares dispostas en quinteiros ao redor do foro ou praza pública, da que aínda se aprecian restos hoxe en día. De feito, o microtopónimo Quinteiro aínda se conserva.

Desde a súa cima vese o curso do río Anllóns e fóra das murallas están as terras cultivadas a millo, lugar que hai anos coñecíase como o Agro do Mouro.

No medievo era un Couto (cima acoutada) de Corcoesto. As mulleres que habitaban o Couto adicábanse a lavar o material da mina, é dicir, eran bateeiras ou aureanas. De aí o alcume de “Coutelanas”, que aínda se conserva na actualidade. Aquelas outras mulleres que vivían no couto, mais non eran lavandeiras de material eran «Coutas«, alcume que tamen aínda se conserva hoxe en día.

As Coutelanas lavaban o material da mina nas gabias onde ía a parar o material de mina empuxado pola auga. Así temos lugares como As Lamas, A Lamprieira, Dequente (Decante), e microtopónimos como Os Murados, Os Bodegales, As Lavandeiras, que aínda se conservan na memoria da veciñanza.

O Quinteiro tamen era o caseiro, o que xestionaba o lugar dun señorío a cambio dunhas rendas ou foros. De feito, ata ben mediado o seculo XIX os seus habitantes eran caseiros que  comprarían os lugares aos señores a raiz da desamortización de Mendizábal.

Por outra banda, o quinto era o tributo real  que se pagaba ao rei cando se capturaba unha presa ou descubría un tesouro e que era igual á quinta parte (20%) do capturado ou descuberto.

O microtopónimo Quinto tamen o localizamos á beira do río Anllóns, no actual lugar de Xabarido.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s