O paso do tempo e a vexetación afectaron case por igual a este xacemento situado na paraxe de Bouza Cova, nos montes de Corcoesto.
No medio dun piñeiral conservouse ao longo dos anos, mais agora foi afectado por unha plantación recente de eucaliptais.
Esta fin de semana pasada un grupo de veciños e veciñas atoparon esta antigüidade, do que xa deron conta á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
O xacemento está ubicado na cima do monte e orientado ao leste. Apréciase de xeito moi claro o corredor de acceso.