Os muíños de auga ou aceas construíanse á beira dos ríos, realizando unha presa para embalsar auga e conseguir unha diferenza de altura. A auga do encoro corría por unha canle ou cano e movía unha roda con penas (pás) chamada rodicio, a que á súa vez movía as pedras ou moas do muíño. Ao conxunto formado polo encoro e máis o cano de alimentación do muíño chámaselle popularmente caneiro, sendo xunto cos caneiros de pesca elementos característicos da paisaxe dos ríos galegos.
Tipos de muíños de auga pola súa propiedade e uso.
- De maquía ou maquieiros: o muiñeiro recibe da persoa que leva o gran unha parte (maquía) da fariña resultante, como cobro do seu traballo. O tamaño da maquía era un neto, cantidade regulada polo concello.
- De herdeiros ou aparceiros: a propiedade do muíño é compartida e transmítese por herdanza. As quendas de uso regulábanse por un tempo determinado. Deste uso compartido xurdían relacións sociais e comunais moi ricas, por exemplo as muiñadas(festas nocturnas no muíño).
Partes do muiño.
- O infernoé a abertura no edificio do muíño, na que desemboca o cano e permite pasar a auga cara á maquinaria.
- A gradillaé unha grade ou reixa que impede o paso de paus ou pedras ao cubo.
- A auga do cano colle velocidade nunha tubaxe descendente que se chama cuboe acaba nun picho chamado
- A saída da auga do buzocara ao rodicio regúlase cunha billa accionada co ferro da billa.
- O rodicioé a roda con penas (pás) que converte a velocidade da auga en movemento xiratorio que se transmite ás pedras de moer.
- O rodicio asenta verticalmente encol dunha mesade madeira, e é suxeitado na parte superior por un eixo que consta de vara, zuncho, veo e
- No andar superior do edificio atópase o tremiñado, desde onde o muiñeiro controla a altura da mesa (e polo tanto a velocidade do rodicio) mediante un ferro chamado brandeiro.
- O gran deposítase nun recipiente suxeito pola escada, chamado moega, moxega, caixónou tremoia. O muiñeiro controla a caída do gran cara ás pedras por medio dunha
- Hai dúas pedras de moer ou moas: unha fixa ou pé, e outra móbil ou capaque roda sobre a fixa.