Na paraxe de Sta. Mariña do Remuiño, detrás da capela, cando os raios do sol que nace baten con forza sobre a ladeira este. Aí nese intre máxico é cando as pedras cobran toda a súa significancia.
O culto o sol en Sta. Mariña do Remuiño non é novo. De sobra é coñecida a cabeza circular do sol que apareceu hai anos entre os cascallos que había á porta da capela. Hoxe esa figura ten unha réplica na Igrexa parroquial de San Martiño de Cores, en Ponteceso (A Coruña).
A beleza da paisaxe que se observa desde a cima de Sta. Mariña, co río Anllóns aos seus pés, que aparece maxestuoso tras o meandro cerrado do seu curso e forma un remuíño ao redor da súa ínsua, e as ladeiras dos montes de enfronte levemente inclinadas cara o río, non é casualidade. Desde que nace e ata pasadas as 12 do mediodía o sol cumbrea libre por Sta. Mariña do Remuiño.
Lugar de culto e no que a paisaxe cobra un valor ritual e revela un simbolismo sin precedentes.
Un aguia real sobrevoa o lugar.