Destinatarios: Poden ser candidatas ao premio calquera iniciativa promovida por persoas físicas ou xurídicas de natureza privada.
Obxecto: O premio ten como obxectivo recoñecer iniciativas que teñan realizado unha contribución de cara a aproveitar o valor das paisaxes galegas como factor clave para o seu propio desenvolvemento. Nesta primeira convocatoria, consideraranse fundamentalmente iniciativas sociais que promovan a sensibilización e implicación da poboación coa paisaxe, polo que se recoñecerá ás iniciativas de acción social que aposten pola protección, xestión ou posta en valor dunha paisaxe ou dun elemento en particular. Esta actuación, polo tanto, está aliñada co proceso de elaboración do Catálogo e Directrices das Paisaxes de Galicia que está acometendo o Instituto de Estudos do Territorio de Galicia (IET).
Convoca: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Fundación Galicia Sustentable.