18/10/2016
O Día Mundial da Protección da Natureza celébrase o 18 de outubro de cada ano, desde 1972. A orixe da celebración está nas palabras que o xeneral arxentino Juan Domingo Perón pronunciou o 16 de marzo de 1972, mentres se atopaba exiliado en Madrid, e que foron enviadas a Kurt Waldheim, entón secretario xeral das Nacións Unidas. Nelas Perón alertaba sobre «a marcha suicida que a humanidade emprendeu a través da contaminación do medio ambiente e a biosfera, a dilapidación dos recursos naturais, o crecemento sen freo da poboación e a sobreestimación da tecnoloxía» e facía unha chamada para reverter a situación.
