Galería

Camiños, carreiros, rutas, sendeiros, corredoiras, congostras, rueiros, pistas..

Hai moitos tipos de camiños. O máis sinxelo é a corredoira ou carreiro, camiño estreito que se vai marcando co paso das persoas ao longo dos tempos. Os desniveis do terreo sálvanse con pequenas escaleiras, denominadas esqueiras, pasos, pontellas ou pisadoiros. Máis anchos son os camiños de carro, co chan de terra ou pedra; neste último caso, co tránsito secular, as rodas do carro van erosionando as pedras, formando as chamadas rodeiras.

Cando o camiño é fondo, denomínase congostra. Noutros casos, variando a súa anchura, están as calzadas, de orixe romano. Están construídas con pedras colocadas pola xente.

Estes camiños comunitarios eran coidados polos habitantes do lugar, que procuraban mantelos en bo estado: cortando as silveiras, asentando as pedras, etc.

IMG_20160828_091625
Carreiro no val fluvial do Lourido.
IMG_20160702_200115
Camiño no val fluvial do Lourido.
lourido-7
Pista forestal que vai do lugar de Baralláns ao lugar de Montefurado e Fonteremula.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s