O Monte Perrol é unha elevación orográfica de 439 metros. Alberga o parque eólico de Silvarredonda ademais de varias mámoas das que existe constancia documentada. O seu nome fai referencia a un terreo ermo e cativo, de pouca aptitude agrícola. Aos seus pés nace por un lado a fonte de Sta. Margarida, e ao outro lado a fonte Cardeira, no lugar de Aldemunde, que da orixe ao val fluvial do río Lourido.
No campo das lendas, o monte Perrol toma o seu nome dun home forte e valente que traballaba de ferreiro fabricando armaduras: escudos, espadas, puñais e coitelos.