O Rubus fruticosus, coñecido así no mundo científico, é un arbusto gabeador, que pode chegar a superar os 3 m de altura. O seu talo é arqueado e os brotes novos a ras de chan son os causantes de moitas das nosas caídas. As follas están dispostas en forma da palma da man, compostas por 3 a 5 follas máis pequenas. No envés, teñen uns peliños brancos que semellan un feltro, que xunto co talo espiñento usan para desprazarse e engancharse noutras plantas e como mecanismo de defensa.
A moura é unha froita de outono de agradable sabor agridoce con propiedades antioxidantes e anticolesterol.
Valor nutritivo das mouras:
Os hidratos de carbono son, despois da auga, o principal compoñente nutritivo desta froita de outono.
Ten baixo contido de proteínas e lípidos polo que é unha froita de baixa achega calórica. O seu contido en sodio é moi baixo.