Galería

Instrumentos de ordenación e de xestión forestal.

382384_472638986147638_1998336186_n
Val fluvial do Lourido.

Os instrumentos de ordenación e de xestión forestal elaborados para os montes do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia deberán corresponder con algunha das seguintes categorías:

Proxecto de ordenación: instrumento de ordenación forestal que sintetiza a organización do aproveitamento sustentable dos recursos forestais, madeireiros e non madeireiros, nun monte ou nun grupo de montes, para o cal debe incluír unha descrición do terreo forestal nos seus aspectos ecolóxicos, legais, sociais e económicos e, en particular, un inventario forestal cun nivel de detalle tal que permita a toma de decisións en canto á silvicultura que se debe aplicar en cada unha das unidades do monte e á estimación das súas rendas, co obxectivo de obter unha organización estable dos distintos usos e servizos do monte.

Documento simple de xestión: instrumento de xestión forestal que planifica as melloras e os aproveitamentos dos recursos forestais, madeireiros e non madeireiros, garantindo unha xestión forestal sustentable da superficie dunha mesma propiedade, sen que ningún couto redondo supere as 25 hectáreas.

Documento compartido de xestión: instrumento de xestión forestal, de iniciativa privada para un conxunto de propietarios, onde ningunha superficie dunha mesma propiedade supere as 25 hectáreas en couto redondo, que debe incluír uns referentes de boas prácticas, unha planificación simple dos aproveitamentos dos recursos forestais, madeireiros e non madeireiros, e modelos silvícolas para os principais tipos de masa, de obrigado cumprimento, para os terreos forestais adscritos a el.

Elaboración dos instrumentos de ordenación ou de xestión forestal

Os instrumentos de ordenación ou de xestión forestal elaboraranse por instancia do propietario ou do titular de dereitos sobre o monte, ou da entidade que teña a responsabilidade da súa xestión, e contará coa conformidade expresa do propietario ou do titular dos dereitos sobre o monte.

Os instrumentos de ordenación ou de xestión forestal serán redactados por técnicos competentes en materia forestal, seguindo as instrucións xerais de ordenación de montes de Galicia.

Con carácter xeral, os instrumentos de ordenación ou de xestión forestal serán específicos para cada monte, aínda que, logo de xustificación, poderán ser redactados conxuntamente para grupos de montes que sexan propiedade da mesma entidade e presenten características semellantes. En todo caso, o plan especial desagregarase no nivel de monte.

Aprobación e efectos dos instrumentos de ordenación ou de xestión forestal

A aprobación dos instrumentos de ordenación ou de xestión forestal corresponde ao órgano forestal da Comunidade Autónoma e comportará a inclusión de oficio no Rexistro Galego de Montes Ordenados. O proceso de solicitude de aprobación será iniciado polo propietario ou polo titular dos dereitos do predio.

Se transcorridos seis meses desde a solicitude de aprobación do instrumento de ordenación ou de xestión forestal a administración competente non resolve, entenderase estimada a solicitude. Deberá xustificarse a desestimación da aprobación.

img_20161117_132930
Bosque autóctono no val fluvial do Lourido, Corcoesto.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s