A Inquisición estableceuse en Galicia en 1562. Desde ese ano o Santo Tribunal desenvolveu pouca actividade e de feito interrompeuna en 1569 para asentarse de forma definitiva en 1574. A partir de entón a expansión por Galicia do tribunal foi rápida, desenvolvendo 2.023 procesos ata o ano 1700, período que se corresponde co da fase de formación e primeira expansión dos cruceiros.
É unha obra de arte popular constituída por varios elementos:
Plataforma.
Pedestal, normalmente cuadrangular, liso ou con inscricións.
Fuste (ou varal), cuadrangular, octogonal ou cilíndrico, liso con motivos diversos.
Capitel.
Cruz.


Ambos os dous cruceiros son de principios do seculo XVIII e son autoría do mesmo mestre canteiro. Pódese dicir que son idénticos agás polo capitel. O de Sta. Mariña é máis complexo con volutas e formas circulares. O de San Paio, é máis sinxelo con formas liñais e simples.