As propiedades máis significativas que converten aos bosques de ribeira en formacións ben diferenciadas e de gran valor son a súa alta diversidade biolóxica, a súa alta produtividade e o elevado dinamismo dos hábitats que acollen. Todo iso como consecuencia das súas particulares condicións hídricas, que favorecen o refuxio de especies propias de zonas climáticas frescas e húmidas en áreas máis cálidas e secas.
Regulan o microclima do río.
Aseguran a estabilidade das beiras.
Regulan o crecemento de macrófitas.
Son un hábitat ideal para un gran número de especies animais e vexetais.
Supoñen unha fonte de alimento para as especies que albergan.
Actúan como filtro fronte á entrada de sedimentos e sustancias químicas na canle.
Cumpren un papel de acumuladores de auga e sedimentos.
Funcionan como zonas de recarga de augas subterráneas.
Posúen un gran valor paisaxístico, recreativo e cultural.

Dada a súa importancia ecolóxica, e as vantaxes prácticas asociadas a unha boa conservación dos bosques aluviales, parece necesaria e urxente a adopción de medidas encamiñadas á protección e rexeneración destes medios. Para iso, é imprescindible contar cun coñecemento real do estado da vexetación dos ríos, a partir da inventariación, caracterización e valoración destas comunidades.
As zonas riparias son importantes na ecoloxía, xestión ambiental, e enxeñería civil a causa do rol que desempeñan na conservación do chan, a biodiversidade do hábitat, e a influencia que exercen sobre a fauna e os ecosistemas acuáticos, incluídos as praderías, bosques, e sistemas acuáticos. Os termos bosque ripario, ou zona intermedia riparia, ou franxa riparia son utilizados para caracterizar á zona riparia. A raíz da palabra «riparia» provén do Latín ripa, que significa beira do río.

