É un pequeno arbusto propio dos lugares onde hai carballeiras. Medra nos valados de Sta. Mariña do Remuíño, en Corcoesto. Este outono e inverno medraron entre o loureiro da Sta. Mariña. Había anos que non se albiscaba este arbusto pola entorna. Ten propiedades mediciñais moi importantes e variadas.
Utilízase contra hemorroides e varices, grazas as súas compoñentes que son vasoconstrictoras e antiinflamatorias. Aplícase en forma externa e utilízase a súa rizoma, raíz e follas.
Axuda ás pernas varicosas e cansas; tamén axuda contra a flebitis e mellora a circulación.
Tamén é bo diurético e posúe propiedades febrífugas. Moi recomendable contra os cálculos da vesícula, axuda á febre e contra a pinga e artrite, xa que axuda a eliminar o ácido úrico, propiciando unha maior sudoración.
Contén gran cantidade de taninos, os glucósidos, a resina, o calcio e o potasio.
Mágoa que quede tan pouco ruscos en Galicia!
Un comentario sobre “Aínda quedan ruscos ou xilbarbas en Sta. Mariña do Remuíño, Corcoesto.”