
Lonxitude / Envergadura: 14-15 cm / 21-25,5 cm.
É un ave pequena pero de aspecto robusto. Presenta unha plumaxe de tons pardos con listas negras no dorso e grisáceo polo peito, as fazulas, o píleo e as partes inferiores.
Emite sons ruidosos e moi sinxelos, «chip chip», que combina de forma alegre.
A súa alimentación é moi variada. Consome todo tipo de sementes, froitas, insectos e desperdicios que recolle do chan.
O ciclo reprodutor abarca de abril a agosto. A localización do niño é variable e participan na construción ambos os proxenitores empregando poliñas, herba e plumas. A incubación e a posterior alimentación dos pitos realízana tanto o macho como a femia.
