Galería

As fragas fronte aos incendios. A necesidade dun novo plano forestal acorde cos retos do cambio climático.

As fragas son autosuficientes. Entre o seu espesura desenvólvense especies de abundante ramaxe que non permiten ao sol alcanzar o chan. Por iso manteñen constantes a temperatura e a humidade suficiente para que prospere o gran ecosistema da súa diversidade, o que permite a vida do visto e o imaxinado, mil especies vexetais e animais que gozan da súa liberdade protexidos por estraños seres que só coñecemos os que aquí vivimos.

Ademais de manter a biodiversidade, as fragas reteñen a humidade necesaria para afrontar os incendios.

Os carballos (Quercus spp) posúen un sistema vascular moi especial, constituído por condutos de tamaño moi diverso na  madeira, que lles  permite contar cunha grande resistencia fronte aos eventos climáticos extremos e, polo tanto, aos efectos do cambio climático en Galicia.

Na tarde de onte, día de San Xoan, ardía o monte das Lamprieiras e parte do monte de Sta. Mariña do Remuíño. As lapas avanzaban rápidas polos piñeiros coas ansias de acabar con todo.

IMG_20170624_110241
As fragas e o cambio climático.
IMG_20170624_110127
Os carballos reteñen a humidade dos solos.
IMG_20170624_110029
Bosque autóctono galego.
IMG-20170624-WA0011
Incendio da tarde do 24 de xuño, en Corcoesto.
IMG-20170624-WA0010
Incendio da tarde do 24 de xuño, en Corcoesto.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s