Galería

A futura lei de depredación de Galicia senta as bases para a existencia dunha posible corrupción transversal en materia de industria no berce da Xunta de Galicia.

Encontro coa veciñanza o pasado sábado, pazo da cultura Carballo 1

A proposición de lei de fomento de iniciativas empresariais de Galicia ou Lei de depredación de Galicia, a debate o pasado sábado no pazo da cultura en Carballo.

Varios colectivos e asociacións da Costa da Morte debateron o pasado sábado, día 7 de outubro sobre a futura lei de depredación de Galicia ou lei de indefensión ambiental.

O encontro coa veciñanza a iniciativa de nove colectivos (Asoc. Petón do Lobo, Asoc. Contramínate, Plataf. pola defensa das terras de Coristanco, Plataf. pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, a Asoc. de veciños de Cereo, a Asoc. Lourido de Valenza, a Asoc. Cova Crea, a Asoc. Ouriol do Anllóns e a Plafat. Contraminacción), puxo enriba da mesa cuestións tan problemáticas que subxacen no trasfondo da futura lei como a expropiación forzosa, o acaparemento de terras e os privilexios que se outorgarán ás grandes corporacións e multinacionais á costa do rural galego.

As conclusións as que se chegaron son:

A futura lei de depredación de Galicia sentaría as bases para a existencia dunha posible corrupción transversal en materia de industria no berce da Xunta de Galicia.

O que realmente planea en torno á futura lei son as sospeitas de corrupción. Por que tantos privilexios para as grandes corporacións e multinacionais e non ás pequenas e medianas empresas de Galicia? Por que estes privilexios que se outorgarán a estas grandes empresas será a costa das xentes e dos recursos do rural?

Desde o noso punto de vista o tema ten moito que ver coa posible corrupción. Pode unha pequena ou mediana empresa pagar primas e comisións aos políticos? Pois é pouco probable, pero unha gran corporación sí o pode facer.

E por que falamos de primas e comisións por parte das grandes empresas? Pois isto vén ao conto da demanda de arbitraxe internacional que a empresa Mineira de Corcoesto S.A. presentou contra a Xunta de Galicia ao frustrarse o proxecto mineiro de Corcoesto.

O extraño caso da empresa panameña Mineira de Corcoesto, S.A. e a súa matriz canadiana Edgewater.

O 21 de outubro de 2015 Mineira de Corcoesto, S.A. presentaba a través da firma de avogados Three Crowns LLP, escrito relativo a unha Notice of Dispute under the Agreement for the Reciprocal Promotion and Protection of Investments between the Kingdom of Spain and the Republic of Panama.

Esta noticia de controversia fronte ao Reino de España estaba baseada no artigo 12 do Acordo para a promoción e protección recíproca de inversións entre o Reino de España e a República de Panamá, feito en Panamá o 10 de novembro de 1997.

A Notice of dispute presentada pola filial da empresa canadiana Edgewater realizaba unha grave acusación referida á administración da Xunta de Galicia. Así a empresa afirmaba que se resistira ás solicitudes de suborno realizadas polas autoridades galegas, pero non denunciaba tales feitos ante os Tribunais de Xustiza, o que poñería en dúbida tal afirmación, que se entendería coma unha estratexia procesal dentro do dereito de defensa da propia empresa. Nese marco a empresa chegaba a afirmar incluso que fora obxecto de prevaricación, ameazas e extorsións.

Encontro coa veciñanza o pasado sábado, pazo da cultura Carballo 2

Así a empresa denunciaba que en outubro de 2014, un alto cargo de Sacyr lle dixera a un cargo de Edgewater (Sr. George Salamis) que Mineira de Corcoesto tería que pagar 1, 5 millóns de euros para obter un permiso para desarrollar os dereitos mineiros de Corcoesto. Ese individuo supostamente tamen lle dixera ao Sr. Salamis que entre os beneficiarios deses fondos podería estar o Presidente Feijoo e o Director xeral de enerxía e minas Bernardo Tahoces.

Por iso, e a pesar de que a Xunta de Galicia denunciou na vía penal as insinuacións presuntamente delituosas realizadas pola empresa, a futura «lei de depredación de Galicia»  podería sentar as bases para a existencia dunha corrupción transversal en materia de industria, posto que as grandes corporacións dispoñen de máis capital que as pequenas empresas para pagar primas e comisións aos políticos. Pola contra, as pequenas e medianas empresas de Galicia, as grandes esquecidas nesta lei, chégalles ben con tratar de sobrevivir no día a día sen andar a pensar en supostos subornos. E esas primas e concesións ben puideran pagarse a cambio das facilidades e da eliminación de trabas que a lei prevé a costa do rural galego, nun proceso áxil de acaparamento de terras a prol destas grandes empresas, con procesos áxiles de expropiación forzosa e redución de prazos e información pública.

Por iso parece mentira que a Xunta de Galicia non aprenda do pesadelo que está a suporlle a súa fallida relación coa empresa Mineira de Corcoesto; e sen embargo continue con políticas que poderían conducir nun futuro próximo a situacións similares con outras empresas.

O sospeitoso empoderamento da Dirección Xeral de Enerxía e Minas e do Sr. Tahoces.

Precisamente a raíz destas circunstancias e do empoderamento que a futura lei prevé da Dirección Xeral de Enerxía e Minas co director Tahoces á fronte, este debera dimitir. Existe unha dúbida colectiva razoable derivada do texto da proposición de lei para creer que detrás desta lei planea a corrupción. Non é normal que a Consellería de Industria sexa quen decide as prevalencias entre os valores afectados e que se localicen proxectos eólicos onde ela queira e nas condicións que ela decida.

Así ocorre cos proxectos de especial interese nos que automaticamente sería considerada prioritaria a súa tramitación e os prazos para a súa autorización e para a tramitación ambiental serían reducidos á metade. Esta declaración de proxecto de especial interés supón a prevalencia deses proxectos sobre outra utilidade pública sexa o aproveitamento do monte, o sector turístico ou a preservación dos valores ambientais.

A futura lei de depredación de Galicia, o TTIP e o CETA.

Por outra banda, calquer conflito entre a Xunta de Galicia e estas grandes empresas sería resolto en  procedementos de arbitraxe internacional ao abeiro de tratados como o TTIP e o CETA. O sistema de arbitraxe internacional converteuse nun lucrativo negocio controlado por un selecto grupo de bufetes, avogados e árbitros que con celo, escurantismo e defensa acérrima dun sistema envorcando en favor dos intereses e dereitos das multinacionais, asegúralles voluminosas minutas e pecha sobre se mesmos a posta en práctica deste sistema viciado de irregularidades. Aínda por riba, existe unha práctica de portas xiratorias entre árbitros e avogados que pasan a desempeñar ambas as funcións, entrando á súa vez como asesores de gobernos para o redactado de Tratados e dando lugar a unha manifesta falla de independencia deste sistema de arbitraxe.

DLY_ccSWAAA1piO

 

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s