Galería

A Comisión europea estuda a posible mala aplicación por parte da Xunta de Galicia dos fondos FEDER tras a vaga de lumes que afectou a Galicia.

>A Comisión europea destina a Galicia 39,5 millóns de euros para á adaptación ao cambio climático e prevención de riscos, incluida a xestión de incendios forestais, durante o período 2014-2020.

>A Xunta de Galicia podería estar a facer unha mala apliación destes fondos.

A Comisión europea empraza á asociación Petón do Lobo para que esta lle indique de xeito detallado os motivos polos que a Xunta de Galicia incumpriría de xeito reiterado, ano tras ano, cos obxectivos do Fondo Europeo de Desarrollo Rexional (FEDER), e en concreto o incumprimento dos 39,5 millones de euros que a Xunta destinaría supostamente á adaptación ao cambio climático e prevención de riscos, incluida a xestión de incendios forestais, durante o período 2014-2020.

Incendio nos montes de Corcoesto o 24 de xuño deste ano.

Trala vaga de lumes que sofreu recentemente Galicia e tras unha queixa presentada por esta asociación, a Comisión europea cuestiona a avaliación dos riscos realizados pola Xunta de Galicia como condicionante preceptivo para o acceso aos fondos europeos. A cuestión estriba en que esta avaliación de riscos parte dunha diagnose equivocada da realidade galega, baseada nun plan de ordenación e xestión forestal caduco e obsoleto (do ano 1992), que non reflicte a realidade dos montes galegos e non atalla as causas estruturais dos incendios que sofre Galicia, polo que se estaría a producir de xeito reiterado unha mala aplicación dos fondos comunitarios e unha desviación continuada no tempo dos obxectivos de cumprimento previstos e do diñeiro público.

Se a Xunta de Galicia incumpre de xeito reiterado cos obxectivos da prevención de riscos sen corrixir as desviacións que se repiten cada ano e atallar as causas estruturais que as motivan, a Comisión europea ten o deber de indagar nas causas de tales incumprimentos e esixir que se revisen, condicionando o acceso aos fondos europeos ao seu efectivo e eficaz cumprimento.

Hai que atender á previsión pero tamén a unha ordenación do monte baseada na priorización de usos dentro do esceario global de seca e de adaptación ao cambio climático.

Son tres as causas que está a estudar a Comisión europea e que estarían detrás do inadecuado aproveitamento e utilización irregular por parte da Xunta de Galicia dos fondos FEDER mencionados:

1º.-A ordenación de usos do solo, e por tanto do monte, cuestión fundamental para poder determinar que prevención se vai a levar a cabo. Sen unha adecuada ordenación dos usos e sobre unha diagnose errada da realidade do territorio (en alusión ao plan forestal do ano 1992), esa prevención é imposible. Esta ordenación de usos debe fundamentar  un plan de xestión forestal e de protección forestal actualizado e adaptado a la realidade existente, que fomente o bosque autóctono e contemple a redución paulatina das especies pirófitas como o eucalipto.

2º.-Existe un incumprimento estrutural da lexislación de prevención.

3º.- O cambio climático (ausencia de normativa galega para previr e paliar o cambio climático). A Xunta de Galicia debe tomar conciencia do cambio climático e, por exemplo, incorporar expertos en climatoloxía nos dispositivos de prevención e extinción de incendios, aspecto que debe quedar reflictido a partir de agora no Pladiga e nas avaliacións de riscos que presenten as diferentes autonomías para o acceso aos fondos Feder.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s