Galería

Muíño Mouro e Fonte do Lobo, microtopónimos no val fluvial do río Lourido, Coristanco.

Camiño a Muíño Mouro e á Fonte do Lobo, Val fluvial do Lourido, Coristanco

Ás beiras do río Lourido atopamos dous microtopónimos de particular interés: Muíño Mouro e Fonte do Lobo.

Muíño Mouro representa a integración das antigas construcións agrarias na paisaxe. Dicía Filgueira Valverde: “atopar un muíño é un achegamento moi fondo ó espíritu do pobo” (Ventonoso, 1996). O muíño é un dos elementos máis característicos do patrimonio do val fluvial do Lourido, hoxe en día en grave risco de ficar no esquecemento.

Xunto a este valioso patrimonio etnográfico non podía esquecer a figura do lobo, na Fonte do Lobo. Na orixe da auga, do manancial que mana e que flúe maino e sosegado, aí está a noso benquerido ser, símbolo do poder da natureza, a escasos metros do Petón do Lobo.

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s