Galería

As tres capelas de Corcoesto no século XVIII.

No século XVIII en Corcoesto había tres capelas: a de Sta. Mariña do Remuíño, a de Sta. Margarida de Baneira e a capela da Nosa Señora da O. Delas, tan só se conservan as dúas primeiras.

A capela da Virxe da Esperanza ubicábase na Braña de Lamas, hoxe en día coñecido como lugar da Braña, en Corcoesto. Non hai rastro da capela se ben aínda se poden apreciar restos dos alicerces do edificio na parcela.

O que sí se conserva é parte do cruceiro da capela da Braña de Lamas.

«María da O” é un dos nomes da Virxe María, unha forma de referirse á Virxe da Esperanza, á Virxe embarazada, expectante, á que quedan apenas 8 días para dar a luz. Unha festa desde o s.VII.
O 18 de decembro celebrábase a festa mariana da «espera do parto» ( Expectatio Partus),establecida nesa data polo décimo Concilio de Toledo (656) e esa data do calendario mozárabe mantense. A esa festa chamábaselle «Santa María da O» porque despois de rezar a oración da tarde o coro sostiña unha longa «O», símbolo da expectación do universo pola vinda do Mesías. Desde esa época (séculos VII e VIII) chegáronnos as antífonas que aínda se cantan nesta semana de Advento anterior a Noiteboa. Son 7 antífonas que se cantan co Magnificat do Oficio de Vésperas cada día, desde o 17 ata o 23 de decembro.
O culto á Virxe da Esperanza continuou na capela da Braña de Lamas, en Corcoesto, ata ven avanzado o século XX, se ben o edificio debía estar xa moi deteriorado e limitábase á misa nas vésperas do Nadal.
No século XVIII en Corcoesto había moitos cregos naturais da propia fregresía como Antonio Vaneira e Julián Vaneira, que ademáis eran patrimonistas, é dicir, posuían bens propios; Urbano Collazo levaba un apelido moi común na parroquia; e Antonio Roxo era só capelán.
Sen embargo, isto non significaba que o estado das capelas fose o adecuado. De feito os documentos parroquiais acreditan que a comezos do século XVIII a capela de Sta. Mariña «está indecente en su pavimento e imágenes» que é imposible escoitar misa nela, facéndoo á inclemencia  nun montón de pedras contiguo á capela.
E esta referencia ao montón de pedras é moi interesante, porque aínda hoxe se conserva o microtopónimo Monte das Pedras de Sta. Mariña, e probablemente incluso as mesmas pedras onde no 1726 se escoitaba a misa.
Os documentos parroquiais acreditan que no ano 1753, a causa dunha visita pastoral, as capelanías de Santa María e Santa Mariña están «suprimidas».
Sen embargo, para o ano 1776 o estado da capela de Sta. Mariña do Remuíño xa mellorara notablemente, tal e como se desprende da documentación do arquivo do reino de Galicia.

 

 

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s