Galería

Os incendios amosan os restos das antigas infraestruturas mineiras de John James Rosewarne en Corcoesto.

John James Rosewarne era un enxeñeiro de minas inglés, natural do condado de Cornualles. Chega a Galicia a finais do Século XlX. Tras un breve paso por Ferrol, centra a súa atención na mina de ouro de Corcoesto desenvolvendo nos primeiros anos do século XX un intenso traballo en busca de explotacións mineiras ao longo de toda a xeografía galega.

Nas imaxes podemos ver restos dos antigos camiños de pedra que conducían ás explotacións mineiras. Pero o máis chamativo é sen dúbida os restos dun antigo lavadoiro de mineral. Os mineiros acondicionaban unha fochanca no terreno, preto da bocamina, e cuberta de lousas de granito para desprender o ouro da rocha co emprego do cianuro. John James Rosewarne foi o primeiro en empregar esta técnica en Galicia, nos montes de Corcoesto.

Mr. John Rosewarne ou Xan “O Inglés” estaba á fronte da mina desde 1878, cando foi denunciada por el. O ouro iría en lingotes ao porto da Coruña onde se embarcararía a Inglaterra. Os traballos deron comezo sobre o ano 1878 con moita man de obra xa contratada, e a construción de vivendas e edificios para os mineiros, e a empresa pensaba solicitar ao goberno o uso da forza hidráulica no río Anllóns. Indicábase que a mina tiña 47 galerías e pescudas abertas, con 30 filóns dun espesor de 0,30 a 1,80 metros. A dirección xeral estaría a cargo do eminente minerólogo. Sen embargo, o ouro de Corcoesto era unha utopía. A falla de viabilidade destas minas era xa unha realidade no ano 1910.
Entre 1900 e 1920 percorre toda a Costa da Morte e realiza traballos en antigas minas abandonadas en busca de calquera mineral que se puidese comercializar nos mercados internacionais: ouro, estaño, wolfram, caolín. Traballara nas minas de ouro de Corcoesto en Cabana, as minas de ouro de Vila e Meanos no Concello de Zás, as minas de Grixoa en Santa Comba, dúas minas en Mazaricos, Rapadoiro en Noicela no Concello de Carballo e é un dos primeiros descubridores do potencial mineiro de Monte Neme aínda que no momento de realizar as catas o wolfram non é un mineral especialmente valioso polo que non lle dá demasiada importancia. Xan «O Inglés» dedicouse a investigar e explotar minas en toda a comarca, abertas todo o século pasado ( Corcoesto, Grixoa, Meanos, Neme) e que agora renovan o interese da industria. En 1923 os seus informes, por exemplo, permitiron abrir as minas de caolín de Laxe, baixo a súa dirección. Nova correspondencia achada confírmanos os quebradizos de cabeza que tivo con algún dos seus proxectos, como a Mina Nova Esperanza de Meanos, en Zas. No cruzamento de cartas, entre el e o empresario mineiro lugués Sergio Rivera Chao, vemos como a política internacional intervén e moito nos investimentos e investigacións mineiras na comarca.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s