Ás veces a toponimia sorpréndenos gratamente. Así ocorre co microtopónimo Louridal, polo que é coñecido o monte que está a outra beira do río Anllóns, en fronte á capela de Sta. Mariña do Remuíño, en Corcoesto.
Louridal fai referencia á presencia dunha plantación de loureiros, ao igual que o río Lourido, tributario do río Anllóns.
Na cultura greco-latina numerosas árbores e plantas tiveron un valor sacro, foron obxecto de cultos moi variados, e convertéronse en atributos das principais divindades ou en símbolo das súas actividades e virtudes. Por ser unha árbore apta para provocar a ignición mediante o frotamiento, e pola capacidade que desde antigo atribuíaselle para suscitar soños proféticos, os gregos e romanos consagraron o loureiro a Apolo, a divindade solar protectora da sabedoría, a creación artística e a poesía. Consagraron os antigos esta árbore a Apolo porque está cheo de lume, e Apolo, que é o Sol, é lume, e din que non cae raio onde hai loureiro, e tamén que presente o que está por vir; porque ningunha cousa arde con tanto estrondo.
Hoxe en día a protección contra os raios vén dada no culto católico por Sta. Bárbara, a patroa dos fenómenos metereolóxicos adversos, quen protexía aos mineiros do mal do raio.
- Sta. Mariña do Remuíño, en Corcoesto.
