
En fronte, a parcela Barcalesa, xa no concello de Ponteceso. O microtopónimo alude á existencia dun tráfico fluvial importante entre ambas as dúas beiras do río. A barcalesa era o lugar onde cargaban e descarban as barcazas que transportaban madeira ou gando dunha beira á outra do río.
A Barcalesa pode referirse asemade á unha finca propiedade da empresa distribuidora de electricidade orixinaria da comarca da Barcala. Podería ter intereses na zona vencellados ao salto de auga da central hidroeléctrica.