Galería

Asociacións de defensa ambiental de Bergantiños critican a «conversión» ao «ecoloxismo» do alcalde de Cabana.

Petón do Lobo, Salvemos Cabana, Cova Crea e Ouriol do Anllóns valoran como unha nova mostra de oportunismo político e unha completa tomadura de pelo que o maior impulsor do frustrado proxecto mineiro de Corcoesto e un dos defensores do proxecto eólico Mouriños de Gas Natural Fenosa, que podería acabar cunha das últimas serras virxes da Costa da Morte, fose partícipe esta semana dunha reunión celebrada en Carballo para estudar a adhesión da Comarca de Bergantiños á Reserva da Biosfera dás Mariñas Coruñesas e a posta en valor do río Anllóns.

Fotografía rexeitamento social á mina de Corcoesto, diante do concello de Cabana
Manifestantes diante da casas do concello de Cabana de Bergantiños.

José Muiño Domínguez (PP) converteuse, de feito, no alcalde máis contestado na historia recente de Galicia, e para moitos será unicamente lembrado pola súa actitude de imposición permanente e de condescendencia cos grandes intereses empresariais, apostando por un modelo de desenvolvemento totalmente insostible para un dos concellos con maiores valores ambientais de todo o territorio galego.

Así, Domínguez apostou sen fisuras polo proxecto de reapertura a ceo aberto da mina de ouro de Corcoesto, que podería deixar un legado ambiental inasumible nunha contorna de elevados valores paisaxísticos e patrimoniais e, na mesma liña, non puxo objección algunha a que a transnacional Gas Natural Fenosa poida levar por diante co seu proxecto eólico Mouriños unha das últimas serras virxes que aínda quedan na Costa da Morte, a do Gontón.

Nestas circunstancias que José Muiño, que nin sequera ten a súa residencia habitual no concello de goberna, pretenda agora ser partícipe de termos como «posta en valor», «conservación» e «reserva», non deixa de ser algo máis que unha broma de mal gusto ante a realidade que desenvolveu durante estes anos á fronte do Concello de Cabana de Bergantiños, e que de maneira constante granxeoulle críticas e inimizades con moitos veciños e veciñas.

O alcalde de Cabana parece esquecer, cos seus feitos, que a protección ambiental debe prevalecer sobre a ordenación territorial e urbanística, e que o principio de cautela ou precaución debe incorporarse sempre a todas aquelas intervencións que poidan a afectar os espazos naturais. Por que á vista está que as súas políticas non apostan pola sustentabilidade senón pola comercialización da natureza, esquecendo que a conservación do patrimonio natural e a conservación da biodiversidade que reside nestas zonas tamén cumpre unha función social relevante pola súa estreita vinculación coa saúde pública e o benestar das persoas.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s