Galería

O río Lourido, tributario do río Anllóns e que conforma o val fluvial que leva o seu nome, está presente na programación que a organización International Rivers ten previsto realizar de xeito simultáneo en varios lugares do planeta, o vindeiro 14 de marzo no Día Internacional de Acción polos Ríos.

Da man das asociacións galegas Petón do Lobo, Cova Crea e a estatal o Ouriol do Anllóns, o río Lourido, que conforma o val fluvial do río Lourido, declarado pola Xunta de Galicia como Área de Especial Interese Paisaxístico, estará presente a nivel internacional o vindeiro 14 de marzo.

pontella-de-lourido-muc3adc3b1o-do-prillc3a1n
río Lourido e pontella.

Por agora, trátase do único río español que participa na celebración do Día Internacional de Acción polos ríos, o vindeiro 14 de marzo, día internacional de acción polos ríos.

888
web da International rivers day

O 14 de marzo é o Día Internacional de Acción polos Ríos. Cada ano, miles de persoas en todo o mundo levantan as súas voces para celebrar os ríos do mundo e os que loitan por protexelos. O Día Internacional de Acción polos Ríos é un día para celebrar as vitorias, como a eliminación de presas e restauración dos ríos. É un día para saír ás rúas, demostrar e esixir melloras nas políticas e prácticas das persoas tomadoras de decisións. É un día para educar acerca das ameazas que enfrontan os nosos ríos, e aprender acerca das mellores solucións de auga e enerxía. Por encima de todo, é un día para unir demostrando que estas cuestións non son meramente local, senón global no seu alcance.

O río Lourido estivo afectado polo proxecto da macromina de ouro que a empresa canadiana Edgewater pretendía levar a cabo en Corcoesto. De feito o seu leito ía ser a base das balsas de lodos do proxecto e diversos informes técnicos falaban da súa eliminación. Tras esta grave ameaza e tras o rechazo da Xunta de Galicia ao proxecto de ouro, o Lourido e todo o seu val, ubicado entre as parroquias de Cereo, Corcoesto e Valenza, recupera o seu esplendor.

descarga
muíño de Baralláns

O acto previsto para o día 14 pretende a posta en valor non só do río en sí senón de todo o patrimonio natural e cultural que xira ao seu redor. Tamen descata a importancia deste afluente á hora de aportar caudal ao río Anllóns. A importancia do Lourido é fundamental nas épocas de seca e estío que afectan de xeito significativo ao Anllóns. O Lourido tributa cun aporte importante no tramo final deste, xa preto da súa desembocadura na ría de Corme-Laxe.

Así serán recordados os muíños e batáns do Lourido: desde Aldemunde e Baralláns ata o muíño da Xuaneira e o batán da desembocadura, sen esquecer as numerosas pontellas que o comunican desde Corcoesto coas veciñas parroquias de Valenza e Cereo, e sen esquecer a importancia do seu milenario altar fluvial.

Desde 1985, International Rivers estivo no corazón da loita mundial para protexer os ríos e os dereitos das comunidades que dependen deles. Trátase dunha rede internacional de persoas afectadas polas represas, organizacións de base, ambientalistas, defensores dos dereitos humanos e outras que están comprometidas a deter os proxectos destrutivos dos ríos e promover mellores opcións. A finalidade é conseguir ríos saudables e que os dereitos das comunidades locais sexan valorados e protexidos. Acadar un mundo onde as necesidades de auga e enerxía satisfanse sen degradar a natureza ou aumentar a pobreza, e onde as persoas teñen dereito a participar nas decisións que afectan as súas vidas. Con sede en catro continentes, o International rivers ten experiencia en políticas de grandes represas, enerxía e auga, cambio climático e institucións financeiras internacionais.

https://www.internationalrivers.org/dayofactionforrivers2018

 

 

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s