Galería

A importancia dos raposos nos ecosistemas galegos

Temos falado moitas veces da importancia dos raposos para os ecosistemas galegos. Se ben somos conscientes de que o problema é máis grave do que parece.

Desde o ano 2011 preto de 75.000 raposos foron masacrados nos montes galegos.

Galicia convertiuse nun campo de batalla para os raposos, que están sendo perseguidos polos cazadores co beneplácito e autorización da Xunta de Galicia.

Dc6_JAPXcAAI94E

Non hai ningún estudo publicado sobre a cantidade de raposos existentes en Galicia, polo que os campionatos de caza de raposos convírtense en concursos sen límite onde o oxectivo é matar cantos máis exemplares mellor.

O papel do raposo respecto ao medio natural é moi importante, podemos dicir que é unha peza crave no mantemento dos ecosistemas, desempeñando unhas funcións ademais moi beneficiosas para nós as persoas.

A primeira función de importancia que realiza gratuitamente é a da eliminación e procesado de cadáveres de animais e dos seus restos, limpando así o campo e previndo enfermidades e pandemias.Nos seus desprazamentos diarios recolle moitos animais atropelados das cunetas das estradas, dalgúns aliméntase e outros son enterrados para aliviar máis adiante os momentos de fame. Así pois o raposo como outros animais carroñeros, voitres, corvos, picarazas, libra ao monte de animais enfermos ou mortos, axudando a frear a propagación de enfermidades como a mixomatosis do coello.

A segunda función útil para nós é a do control de pragas agrícolas. Unha poboación sa de raposos mantén baixo control aos roedores como aos ratos, ratas, topillos e aos topos, actuando sobre os eventuais incrementos no seu número, suavizando este incremento e evitando males maiores para as colleitas. Por iso o agricultor debería ver ao raposo como un aliado, aínda que a contra cultura popular fixo que isto non sexa así na maioría dos casos.

A terceira función importante para as persoas e para o medio natural, que realiza este animal e tal vez a menos coñecida é a da diseminación de sementes. Ou sexa que o raposo traballa como un viverista, tratando as sementes e plantándoas polo campo ao longo de quilómetros nas súas roldas diarias.

Este pequeno cánido, é unha animal clave para a restauración natural dos ecosistemas xa que a súa dieta está composta parcialmente de froitos e bagas de plantas, árbores e arbustos que son dixeridos, separando así as súas sementes da pulpa e pel para máis adiante ser excretados lonxe da poboación vexetal orixinal onde as sementes poden germinar colonizando así outras zonas e mellorando a diversidade vexetal deses lugares.

Non se pode facer política para un rural vivo, se non protexemos á fauna clave dos ecosistemas e garante da biodiversidade como son os raposos.

Non aos campionatos de caza de raposos de Galicia!

raposic3b1o

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s