Galería

Os camiños de Eduardo Pondal

Eduardo Pondal describe en detalle as terras da comarca de Bergantiños. Non se pode desligar a poesía de Pondal sen ter en conta o contexto que proporciona a comarca que tan ben coñece. E coñécea ben porque camiña por ela, porque a vive desde pequecho, «..onde vin a luz primeira». E seguindo eses pasos do poeta atopámonos coa toponimia e os camiños reais da época.

Ouh, terra de Bergantiños,

roxa ó arar, nobre e testa,

doce á vista desde lonxe,

onde vin a luz primeira.

(…)

Aquela é a Ponte Dona, Zreo, Xaviña e Valencia,

Corcoesto e Santa Baia,

todas, todas, boa terra:

a carballeira de Verdes,

ben preto do río, é aquela;

aquela é a torre de Traba, que desde lonxe branquea;

os verdes de Coristanco

e os altos pinos de Bértoa;

e ti, castro antigo de Oca,

ben te coñezo, entre a brétoma.

Eduardo Pondal

O poeta encomia ás boas terras de Cereo, Xaviña, Corcoesto…etc.; pero tamén os piñeiros de Coristanco e Bértoa, e a carballeira de Verdes que lle chama especialmente a atención. Non se esquece do patrimonio cultural e así resalta o castro de Oca e a torre de Traba.

Pero este minucioso coñecemento que o poeta pontecesán ten das terras de Bergantiños (A boa Bergantiños;/ Fada gentil, garrida/ Dos pasos fugitivos…) ten a súa lóxica. Unha tese doutoral de Salvador Parga e Pondal do ano 1950 xa fai referencia ao peche dos xuncais do Anllóns por parte da familia Pondal entre os anos 1870 e 1876. Unhas 135 hectáreas de terreo deixarían de ser marismas para converterse en terras de cultivo, para alugalas ás familias para o seu cultivo. Do mesmo xeito instalaría aserradoiros de madeira na veiga do Anllóns e incluso peiraos para o embarque da madeira ata o porto de Corme. Polo tanto, as terras de Bergantiños estaban moi vencelladas á economía familiar do autor pontecesán. Tanto é así que os piñeiros de Bergantiños viaxarían por mar desde o peirao de Ponteceso e os froitos das terras seguirían o mesmo camiño. De feito é tal a importancia da economía da madeira, que o autor ten especial fixación cos piñeiros ou «verdes» de gran altura, consciente da importancia do prezo da madeira «en pé» que tan ben se pagaba naquela época.

111.jpg

Polo tanto Pondal coñece moi ben cada recuncho da comarca de Bergantiños. Pero ademáis dos camiños físicos temos que lembrar a importancia dos camiños simbólicos da súa poesía. E eses camiños simbólicos son camiños que non lle gustan ao poeta porque aparecen vencellados á emigración, aínda que ás veces sexa nun ton optimista, sobre todo cando se volta á terra natal.

Así o fai na obra Grandeiras, onde equipara á persoa emigrante coas píllaras das dunas, ave que tamén coñecía moi ben polas súas vivenzas próximas ao litoral de Ponteceso:

«E aquela q´emigrante,

Deixa o nativo clan; Como soen as píllaras

Do noso litoral, 

Garridas vagamundas,

Cando en bandas ván,

Rasando as ledas prayas,

Con presuroso afán,

En soantes campañas,

Virándose ó voár».

Pero na meirande parte das ocasións eses camiños da emigración son froito dunha terra esquiva, de lugares sombríos, de vellos e altos pinos …

0011.jpg

Entre as vías culturais que Pondal puido recorrer no seu tempo estarían:

1.jpg
Camiño real á Regueira
IMG_20171111_181109
Camiño real de Cortiño a Millán
As vías culturais. O camiño real de Cortiño, parroquia de Corcoesto.
Camiño real de Cortiño a Millán
IMG-20170312-WA0024
Camiño histórico de Corcoesto.
IMG-20170312-WA0009
Camiño histórico de Corcoesto, de Fonterremula a Xabarido.

2.jpg

18
Camiño histórico de Corcoesto, de Fonterremula a Xabarido.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s