O proxecto industrial eólico de Fenosa non valora o impacto da afección ao patrimonio cultural no turismo dos tres municipios da comarca de Bergantiños afectados (Laxe, Cabana e Zas), a pesares de que Laxe está recoñecido como municipio de interés turístico, pola propia Xunta de Galicia desde o 10/12/2007.
Así entre o patrimonio cultural afectado, e para o que a propia promotora recoñece un risco de afección, aínda que non elevado, está:
- MÁMOA DE CRUZ DO FURCO, a 397 metros do proxecto.
- CRUZ DO FURCO, a 316 metros do proxecto.
- CONXUNTO DA TORRE, a 370 metros do proxecto.
- MONTE DO CASTRO/SARCES/TORRE XALLÓNS, a 158 metros do proxecto.
- S-03. CRUCEIRO 42.032 COENS, a 330 metros do proxecto
- CRUZ DA MINGACHA, a 220 metros do proxecto.
- TRAS DO FOXO/GÁNDARA MOURA, a 100 metros do proxecto.
- MORIÑANA, a 97 metros do proxecto.
- CASTRELO, a 230 metros do proxecto.
- CASTELO, a 386 metros do proxecto.
- COTÓN DO MARCO/CASTELO MURIÑO, a 545 metros do proxecto.
- COTÓN DO MARCO, a 515 metros do proxecto.
- CASTELO GRANDE DO ALLO, 824 metros do proxecto.
- CASTRO DE PIÑEIRO, a 495 metros do proxecto.
- BIC TORRES DO ALLO, a 399 metros do proxecto.
- MUÍÑO DO REGO SOESTO, a 111 metros do proxecto.
- CHOZO DAS AREOSAS, a 15 metros do proxecto.
- VAGONETAS DA MINA DE COÉNS, a 61 metros do proxecto
- MUÍÑO DO REGO GUNDAR, a 52 metros do proxecto.
- MÁMOA DO ALTO DO PEDROSO, a 174 metros do proxecto.
- MÁMOA DE TRAS DA SENRA, a 196 metros do proxecto.
- MUÍÑO DO REGO FORNELOS, a 18 metros do proxecto.
En ningún momento da memoria se analiza o impacto do proxecto industrial sobre o turismo. Máis ben se incide na base agrícola-gandeira da economía dos municipios, o que non responde en absoluto á realidade.
E a pregunta é…, como se vai a desenvolver o turismo e o sector servicios nun municipio turístico, se non se comeza por respetar o patrimonio cultural e á paisaxe vencellada ao mesmo?
