Galería

O vindeiro 11 de xullo a Comisión de Peticións do Parlamento europeo debatirá sobre as minas de San Fins, en Lousame. Os temas principais: a falla de información e o desleixo da Xunta de Galicia en canto á ausencia de restauración das antigas labores mineiras, a contaminación e a seguridade das presas

Era o 31 de xullo de 2015 cando o Consello da Xunta de Galicia daba luz verde á reactivación da mina de wolframio de San Fins de Lousame. A reactivación das labores mineiras produciríase sobre o escenario das antigas labores, abandonadas no seu día, e sobre as que non se levara a cabo restauración algunha. A mercantil Tungsten San Fins, do Grupo Sacyr, solicitaba a Augas de Galicia autorización para verquer ao río San Fins, ao redor dun millón de metros cúbicos anuais de augas residuas mineiras procedentes de galerías inundadas e de escorrentía das entulleiras. Estas augas ácedas e con altos contidos de metáis pesados, serían verquidas previo tratamento ao río San Fins, tributario do río Vilacoba e rematarían na ría de Noia. Segundo as analíticas de Augas de Galicia a contaminación por metáis pesados indicaban que mesmo a 1,5 km augas abaixo da mina os níveis de Cd (cadmio), Cu (cobre) e Zn (cinc) disoltos superan os límites máximos fixados nas Normas de Calidade Ambiental.

parlamento ue
Comisión de Peticións do Parlamento europeo

Augas de Galicia requería a Tungsten San Fins para que se fixera cargo das presas mineiras abandonadas, non inscritas no rexistro de balsas e presas mineiras da Xunta de Galicia, e que como consecuencia da antiga explotación mineira, atópanse colmatadas de sedimentos procedentes das entulleiras e con fallos de seguridade.

A empresa Tungsten San Fins nega, aínda a día de hoxe, calquer responsabilidade sobre as presas existentes e rexeita facerse cargo da súa limpeza e de calquer plan de restauración da área afectada polas antigas minas.

presa mineira lousame
Deficiente estado dunha das presas mineiras de San Fins, Lousame

Neste esceario a Asociación Petón do Lobo solicitaba a Dirección Xeral de Enerxía e Minas a execución do plan de restauración mineira e o acceso a este documento e ao documento de avaliación ambiental.

O silencio da Dirección Xeral de Minas de facilitar a documentación solicitada levaría a esta asociación a presentar unha reclamación ao abeiro do Comité Aarhus da ONU. A reclamación sería admitida en marzo deste ano e hai seis meses para resolver por parte deste organismo.

Hoxe en día todo segue igual: as entulleiras, as presas colmatadas de sedimentos, a contaminación no río, a ausencia de información…etc; agás que a actividade mineira non chegou a reactivarse pola falla de asunción de responsabilidades ambientais por parte da empresa promotora. Os datos do Plan de Control de Verquidos da Xunta, mostran niveis de Cadmio, axente extremadamente tóxico e canceríxeno, 20 veces superiores aos permitidos augas abaixo da explotación, mentres que o elemento está ausente augas arriba da mina.

A Dirección Xeral de Enerxía e Minas que dirixe Bernardo Tahoces nega responsabilidade algunha sobre as presas mineiras, ao igual que a empresa promotora, por non constar estas inscritas no correspondente rexistro como tales. Ao mesmo tempo, bordea perigrosamente a Lei unha e outra vez, para negar o acceso á documentación ambiental.

O desleixo da Consellería de Industria é absoluto. Non se producirían os problemas actuáis se a Dirección Xeral de Enerxía e Minas houbera actuado con responsabilidade ao longo dos últimos anos e houbera esixido o cumprimento da normativa vixente en materia de restauración de espazos degradados.

Agora o 11 de xullo de 2018 ábrese a porta a un novo esceario. A petición 0059/2017, sobre unha mina de wolframio de Lousame, en Galicia, será debatida no seo da Comisión de peticións do Parlamento europeo.

A petición da asociación Petón do Lobo foi admitida a trámite e incluída na orde do día da reunión que terá lugar o 11.07.2018. O seu exame está previsto aproximadamente para as 15:40 horas.

1
Minas de San Fins, Lousame

Pódese facer un seguimento en liña da retransmisión no seguinte enlace tanto en directo como en diferido a partir do día seguinte:

http://www.europarl.europa.eu/activities/committees/homeCom.do?language=ES&body=PETI 

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s