Galería

Os proxectos eólicos de Campelo, Bustelo e Toural, un único proxecto industrial

Estamos ante un único proxecto industrial eólico formado por 3 subproxectos e 1 parque xa en funcionamento, Bustelo, Campelo, Monte Toural e Castelo. Falla unha avaliación sinérxica, conxunta e global dos impactos significativos e afeccións que causarán todos estes eólicos sobre a avifauna, a paisaxe, a temperatura local e global, xa que todos eles están a menos de 5 kilómetros, polo que esta separación como a propia empresa recoñece, é insuficiente para que non se produzan efectos conxuntos entre parques.

O parque eólico Castelo está a 1, 4 Km, formado por 25 aeroxeneradores. Coincidirán varios proxectos simultáneamente no tempo durante a execución das obras e ao longo do periodo previsto de explotación.

A propia empresa Greenalia Power, S.L.U. recoñece que: “Una vez en funcionamiento se pueden producir efectos globales sobre la atmósfera (ruido), fauna y paisaje” (Memoria sectorial, páxina 128).

3.png

Ausencia de interés especial do proxecto e ausencia da súa xustificación

Mediante a Resolución do 27 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, publicáase o Acordo do 26 de abril de 2018, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se declaraban de interés especial varios proxectos de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables e as súas infraestruturas de evacuación asociadas.

Así recoñecíase o suposto «interés especial» dos proxectos: Bustelo, Monte Toural, Campelo e LAT 220 kV Campelo-Mesón. Esta declaración terá como efectos a tramitación de forma prioritaria e con carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento da autorización administrativa previa e/ou de construción, así como dos prazos na instrución do procedemento de avaliación ambiental que sexa necesario. Así mesmo, reduciranse á metade os prazos necesarios na tramitación do proxecto sectorial.

Sen embargo, a declaración de interese especial ten que facerse en base a unha MEMORIA presentada pola empresa promotora, e na que ten que constar o indicado na Lei 5/2017, de 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, isto é: “A solicitude de declaración de interés especial destes proxectos realizarase á consellería competente en materia de enerxía, presentando unha memoria que conteña a súa especial incidencia e beneficios no ámbito industrial, social e territorial, entre outros, así como unha declaración responsable de que o proxecto desarrollarase no marco das subastas indicadas anteriormente, debendo determinar o prazo previsto para a súa execución”.

Onde está a Memoria indicada? Onde se acreditou ese interés especial e eses supostos beneficios no ámbito industrial, social e territorial, entre outros?

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s