A Fundación Eduardo Pondal (FEP) resultou, segundo os boletíns oficiais e medios de comunicación, beneficiaria de subvencións, convenios varios e axudas diversas de contía importante por parte das Administracións públicas e do sector público.
Entre os membros que figuran no seu Padroado atópase o xornalista da Voz de Galicia, Xosé Ameixeiras e o alcalde de Ponteceso, quen ostenta a Presidencia. A xerencia está a ser desempeñada por Xosé María Varela, asesor de cultura do concello de Cabana de Bergantiños.
Segundo a RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2011 a fundación foi declarada de interese galego e ordeouse a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego (DOG 20 de xullo de 2011).
Entre as axudas das que puidera ser beneficiaria están:
*DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA:
RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A CONCESIÓN PROVISIONAL DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA: FO223: Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia da Coruña, durante o ano 2016.
Beneficiario: FUNDACION EDUARDO PONDAL
NIF: G70262951
Cod. Exp.:2016000008897
Obxecto: FESTIVAL V DE VALARES 2016
IMPORTE SUBVENCIÓN: 67.968,29 €
*AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN en base a distintos convenios que desde o ano 2015 apoian actividades da FEP.
IMPORTE SUBVENCIÓN: 18.000 €
*CONVENIOS COA CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN que apoia actividades varias da FEP.
*AGADIC (AXENCIA GALEGA DE INDUSTRIAS CULTURAIS).
Modalidade A: festivais de música
Fundación Eduardo Pondal | Festival con V de Valarés | 4.856,87 € |
*APROVEITAMENTO DO PINAR DE BALARÉS, DE TITULARIDADE PÚBLICA (DEPUTACIÓN DE A CORUÑA), PARA A CELEBRACIÓN DO EVENTO MUSICAL “V DE VALARÉS” TODOS LOS MESES DE AGOSTO DE CADA ANO.
No ano 2017 a Deputación da Coruña concede á FEP unha subvención por importe de 25.000 € (Cod. Exp.:2017000008203, Obxecto: FESTILETRAS 2017- 35 ANIVERSARIO —CENTENARIO DO PASAMENTO DE PONDAL).
No ano 2018 a Deputación da Coruña concede á FEP unha axuda por importe de 6.999,61 € (Cod. Exp.:2018000022051), ademáis de poñer a súa disposición as instalacións do Pazo de Mariñán para aloxamento e do Centro Calvo Sotelo, para manutención de 45 nenos e 12 monitores.
Agora a Comisión de Transparencia require á Fundación Eduardo Pondal (FEP) para que «…aporte os datos relativos ao tratado, ou no seu caso, a xustificación do cumprimento da obriga de publicidade activa, de acordo coa normativa básica e autonómica de transparencia».
