Galería

A Deputación da Coruña desacelera a obra de reconstrución da ponte de Xabarido, a pesar da falla de seguridade da infraestrutura

A pesar da falla de seguridade estrutural da ponte de Xabarido e a pesar de contar con todas as autorizacións, a Deputación da Coruña, responsable da infraestrutura, semella frear o proxecto da súa reconstrución.

O desinterés e desleixo das administracións e as prioridades políticas poderían estar a frear a inversión na ponte de Xabarido.

11.jpg
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e o deputado provincial carballés Xosé Regueira. Fonte: web provincial. 

A asociación ambiental e cultural Petón do Lobo lémbralle ao Presidente da Deputación o compromiso co arranxo da ponte. A falla de seguridade estrutural podería poñer en perigo vidas humanas.

O 7 de xullo de 2017, a Deputación provincial da Coruña solicitaba de Augas de Galicia, por atoparse nas marxes do río Anllóns, a autorización de obras no lugar de Ponte de Xabarido, concellos de Ponteceso e Cabana de Bergantiños (A Coruña). As obras solicitadas consistían na execución do proxecto de ”Construcción de puente sobre el río Anllóns y accesos en el p.k. 3-800 de la DP-1405, de Pazos a Leas por Beres (Ponteceso e Cabana de Bergantiños).

Posteriormente o 21 de marzo de 2018, o órgano provincial citaba ás persoas interesadas para facer efectivo o pago do xustiprezo polos terreos expropiados necesarios para executar as obras.

Despois da data citada o expediente retárdase e non se volve a obter información ao respecto.

2
Ponte de Xabarido, Corcoesto

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s