Os lumes iniciados na parroquia de Manín, en Lobios e Vilariño de Conso ameazan aos parques naturais do Xurés e o Invernadoiro. O lume nos parques naturais de Galicia evidencia a falla dun planificación da prevención eficaz e efectiva por parte da Xunta de Galicia.
Un ano máis, a Xunta de Galicia, realiza un mal uso dos fondos FEDER da Unión Europea na extinción de incendios. E faise fincapé no mal uso dos fondos, porque non existe un diagnóstico detallado da situación real dos bosques e da biodiversidade dos parques naturais de Galicia. Por elo, porque se parte dun diagnóstico equivocado (ou máis ben dunha falla del), tampouco se pode facer unha boa planificación da prevención e da extinción dos lumes. O Pladiga do 2018, ao igual que o dos anos anteriores, é un documento obsoleto e desfasado, porque non se basea en datos reais e actualizados.

