Non se trata dun verquido accidental. Un fallo na rede de saneamento municipal remata con verteduras permanentes á ría de Corme –Laxe. Boa parte da carga residual da veciñanza de Neaño remata directamente na ría.
Os malos cheiros e a presenza de roedores e insectos en cantidades importantes, alarmaron a algunha veciñanza próxima, que alertou dos fallos á Xunta de Galicia e ao Seprona.
Unha tubaxe aberta verte permanentemente a un salgueiral próximo á primeira liña do litoral. Cando a vertedura é moi abundante, as filtracións das augas residuais cóanse por debaixo do paseo marítimo ata chegar á praia e ao mar.

O que máis preocupa á veciñanza é que a maoiría descoñecía que existía un fallo no saneamento das augas residuais, posto que pensaban que a rede de fecais comunicaba coa depuradora de Lodeiro, na veciña parroquia de Canduas, cando non é así. De feito, cando se realizaran as obras, supostamente instaláranse 9 km de tubaxes e colectores para conducir as augas residuais de Neaño ata a depuradora de Lodeiro, e polo que se ve non foi así. De feito, o saneamento integral da liña costeira de Cabana acadara no seu día un orzamento de 420 millóns das antigas pesetas.
A veciñanza tamén se pregunta a que se adica a empresa que xestiona as augas municipais, a coruñesa OGPO, S.L e os motivos polos que desde o concello non se alertou a poboación deste problema.

Por outra banda, a veciñanza reclama a devolución dos importes pagados en concepto de canon de saneamento, e que veñen incluídos na factura da auga que lles pasa periódicamente o concello de Cabana.
Reclaman ademáis o arranxo e acondicionamento inmediato da rede de saneamento e que se deixen de producir as verteduras, xa que en pleno século XXI é indignante e incrible que se esté a producir o que ocorre en Neaño, posto que pódese producir un deterioro importante dos espazos da Rede Natura, do litoral e con consecuencias inmediatas para a saúde pública e os bancos marisqueiros da ría de Corme –Laxe.



Non só Medio ambiente ten resposabilidade, se nón tamén Sanidade e Pesca, para analizar os verquidos xa que poden levar bacterias resistentes a os antibióticos, e afectar a pesca é o marisqueo,un grave risco para a saúde según a OMS.
Me gustaMe gusta