Galería

A irresponsabilidade política e empresarial na falla de restauración dos espazos mineiros degradados, non se resolve nun Congreso nacional de áridos, por moito apoio institucional que teña o lobby mineiro galego

A desesperación do lobby mineiro por ser aceptado socialmente lévao a reunirse estes días en Santiago de Compostela, baixo o lema “Compromiso coa sociedade”, no marco do V Congreso Nacional de Áridos organizado pola Federación de Áridos (FdA), e da que é asesor Julio César Valle Feijoo, avogado tamén de Mineira de Corcoesto e Edgewater, no caso do fallido proxecto mineiro de Corcoesto.

O lobby mineiro bota man do apoio institucional e de altos cargos da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do concello de Santiago, do Ministerio de Transición ecolóxica, do Adif e da entidade ambiental Seo Bird Life para “un lavado de cara” sen precedentes da minaría galega, dentro V Congreso Nacional de Áridos, que comeza o 24 de outubro en Santiago de Compostela, baixo o lema “Comprometidos coa sociedade”.

No programa prevese o regalo aos asistentes de plantas autóctonas galegas, a entrega dun cheque para axudar a reforestar as zonas afectadas polos incendios (eso sí, o importe do cheque será proporcional ao número de asistentes ao Congreso, porque esta xente de dar non entende moito), e a entrega a cada congresista da publicación “Aves comunes en explotaciones mineras ibéricas”, realizada por SEO Birdlife, quen polo visto colabora co lobby nesta campaña de rexeneración de imaxe das empresas “máis depredadoras” de recursos e do territorio galego.

Sen embargo, o compromiso social do lobby mineiro non se traballa deste xeito, e isto é algo, que polo visto aínda non entenden as empresas mineiras galegas e do territorio español.

O compromiso social trabállase día a día, e non dous días ao ano nun Congreso no que se rodean de persoeiros da política. O compromiso social gáñase día a día restaurando as zonas mineiras degradadas, respetando o entorno das canteiras, das minas, das graveiras; coidando os terreos, mimando os cauces dos ríos e os mananciais, xerando emprego estable, axudando ás poboacións da entorna… Así se gaña o compromiso social e a boa imaxe da minería.

E que dicir dos políticos que participan neste Congreso de áridos? A súa irresponsabilidade acentúase día a día. Galicia padece un problema histórico de falla de restauración dos espazos mineiros degradados e arrastra un desleixo e un incumprimento normativo reiterado e grave, do que o Presidente da Xunta é o principal responsable ao igual que o Director xeral de Enerxía e Minas. Alberto Núñez Feijóo e o director Ángel Bernardo Tahoces, son responsables de que desastres ambientais como os de San Fins en Lousame, o Monte Neme en Carballo ou a cor vermella dos cauces de Touro, continuen aínda hoxe en día seriamente afectados pola drenaxe áceda das antigas labores mineiras.

A irresponsabilidade política e empresarial na falla de restauración dos espazos mineiros degradados, non se resolve nun Congreso nacional de áridos, por moito apoio institucional que teña o lobby mineiro galego.

Serraval
Mina de Serrabal, espazo degradado sen restaurar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s