Galería

Ausencia de Compromiso coa Sociedade e da responsabilidade social coorporativa na extracción de áridos? Algúns exemplos da Costa da Morte

Nestes días, do 24 ao 26 de outubro, reúnese en Santiago de Compostela o lobbie mineiro deste país, no marco dun Congreso (V Congreso nacional de áridos) organizado pola Federación de Áridos (FdA), baixo o lema «Compromiso con la sociedad».

Desde a canteira de Ponteceso, á beira do río Anllóns, pasando pola canteira de Cances, a antiga canteira do Monte Neme, a de Laracha, a da Brea en Carballo, Santa Comba e Caolines de Vimianzo; o certo é que hai unha ausencia de restauración dos espazos mineiros vencellados a canteiras de áridos e graveiras (agás algúns tímidos intentos de restauración no caso da mina da Brea).

Polo tanto, é moi cuestionable o Compromiso coa Sociedade por parte do sector dos áridos en Galicia, cando ese compromiso sería tan sinxelo como a restauración eficaz e efectiva dos espazos degradados pola actividade extractiva, o respecto á entorna e á paisaxe.

Afondando no programa deste V Congreso nacional atopamos con algunhas ideas do que entenden por «Compromiso con la sociedad». Así no programa enumeran, entre outras accións:

Ayuda a la reforestación de zonas afectadas por incendios en Galicia
Firma de un acuerdo marco sectorial para la promoción de la biodiversidad con SEO Birdlife
Regalo de árboles autóctonos gallegos …etc.

Sen embargo, a sociedade demanda compromiso co entorno e as comunidades que o habitan, compromiso coa restauración eficaz e efectiva dos espazos mineiros; e esta tarefa, que ademáis é unha obriga normativa, non se está a realizar na meirande parte dos casos. Por tanto, é unha mágoa que neste V Congreso non se recoñeza o «mea culpa» do sector, polos compromisos incumpridos e reiterados ao longo do tempo e non se asuma o compromiso serio e firme de restauración dos espazos mineiros degradados, iniciativa que xa debera partir en primeiro lugar da Xunta de Galicia e da Cámara oficial mineira.

Por tanto, unha vez máis o lobbie mineiro de Galicia, por moito Congreso nacional que celebre continua a afastarse cada vez máis da realidade deste país.

111.png
Canteira de Sta. Cristina, en Ponteceso, á beira do río Anllóns. Fonte: Google Maps
222.png
Canteira de Olveira, en Cances. Fonte: Google Maps.
888.png
Canteira abandonada do Monte Neme, Carballo. Fonte: Google Maps
9999.png
Canteira no municipio de Laracha. Fonte: Google Maps.
A Brea Carballo.png
Canteira da Brea, en Carballo. Fonte: Google Maps

 

mina Santa Comba.png
Canteira de Sta. Comba. Fonte: Google Maps
mina santa comba 2.png
Canteira de Sta. Comba. Fonte: Google Maps
Caolines de Vimianzo.png
Canteira de Vimianzo. Fonte: Google Maps

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s