Galería

Corcoesto dá xaque mate ao proxecto mineiro de Edgewater

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima todas as pretensións de Mineira de Corcoesto s.l.u e declara ser conforme a Dereito, a denegación do proxecto mineiro de Corcoesto

  • O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia apoia as pretensións da Xunta de Galicia e da asociación ambiental Petón do Lobo
  • A filial da multinacional canadiana, agora panameña, é condenada nas costas do proceso

Nunha sentencia dada a coñecer no día de hoxe, e que é aínda recorrible ante o Tribunal Supremo, o máximo Tribunal galego desestima o recurso contencioso –adminisstrativo interposto por Mineira de Corcoesto, S.L.U. contra as resolucións da Xunta de Galicia do 11 de marzo de 2014, de denegación do proxecto de explotación “Emilita” nº 121”, “Ciudad de Landró” nº 1454 e “Ciudad de Masma” nº 1455, que formaban  o coñecido grupo minero Corcoesto, situadas nos concellos de Cabana de Bergantiños e Coristanco da provincia da Coruña.

LUGAR GRANDE CORCOESTO, AFECTADO POLO PROXECTO DE EDGEWATER
Parroquia de Corcoesto, co lugar Grande ao fondo

O alto Tribunal galego confirma a insuficiente acreditación da solvencia económica e técnica do proxecto mineiro de Edgewater. O Tribunal fai especial fincapé na capacidade da Xunta de Galicia para valorar a solvencia das empresas promotoras de proxectos mineiros, e lembra a constitucinalidade da chamada “Cláusula Corcoesto”, relativa á caducidade dos dereitos mineiros introducida no 2014 pola Xunta de Galicia na reforma da Lei de minas. Así, o propio Tribunal Constitucional xa falara da capacidade que ten a Xunta para denegar dereitos mineiros polo incumprimento dos requisitos subxectivos ou a insuficiente acreditación da solvencia económica ou técnica do solicitante.

No caso de Corcoesto, a esixibilidade dos requisitos de solvencia era lóxica, posto que a envergadura do proxecto así o esixía. Tal como señala o Tribunal: “no outorgamento dunha concesión mineira a Administración debe garantir a racionalidade da explotación que se pretenda, máxime cando se ache con proxectos de tamaña envergadura como o presente, racionalidade que se tutela mediante a análise rigorosa da solvencia económica e técnica da solicitante, que neste caso non acreditou, debido a que non deu cumprimento ao requirimento que se lle fixo con esa finalidade”.

Por último o Tribunal refírese á falla de rigor do informe pericial presentado pola filial panameña, autoría de Gran Thorn y CRS. En relación a este extenso e exhaustivo informe achegado á causa co fin de acreditar eses requisitos,- do que o perito Don Juan León Cuollaut Sáez de Sicilia é autor, adoece de rigor xa que se se trae a colación datos e conclusións que se especifican nos folios 7 a 11, valorados estes igualmente conforme ás regras da sa crítica, conclúese sen dúbida unha falta de rigor na súa elaboración, á parte dunha serie de contradicións coas declaracións do perito a preguntas escritas que se lle formularon durante a práctica desa proba, se partimos de que as contas dunha empresa son instrumentos que se utilizan en contabilidade para representar os diferentes elementos patrimoniais da mesma, recoller as variacións experimentadas por cada un deses elementos patrimoniais durante un período de tempo e poñer de manifesto o seu valor nunha data determinada”.

REUNIÓN DE CORCOESTO EN LAXE, COA ASOCIACIÓN AMBIENTAL CONTRAMÍNATE
A asociación ambiental Contramínate, apoio chave na loita contra o proxecto mineiro que a multinacional canadiana Edgewater pretendía explotar en Corcoesto

O proxecto mineiro de Edgewater en Corcoesto debera servirlle á Xunta de Galicia, e en concreto ao Director Xeral de Enerxía e Minas, para aprender que non se pode confiar nas multinacionais, que alleas aos intereses de Galicia, só venden fume e proxectos extractivos depredadores de recursos, que só se queren aproveitar ao máximo deles e que non lles importa nada as consecuencias dos seus actos.

A asociación Petón do Lobo agradece as súas persoas socias, plataformas, asociacións e á cidadanía en xeral,  todo o apoio recibido ao longo da extensa tramitación xudicial deste caso, e anima á Plataforma veciñal de Touro –O Pino a manter e preservar no tempo o espíritu de loita contra outro proxecto depredador e contaminante como é o que lles afecta.

VAL DE CURES, CORCOESTO, AFECTADO POLO PROXECTO DE EDGEWATER
Val de Cures, na parroquia de Corcoesto

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s