Galería

Asociacións ambientais de Bergantiños critican a actuación irresponsable do edil Xosé Manuel Pose Lema, concelleiro de turismo do concello de Laxe e voceiro do BNG, que recolle sinaturas a través da web change.org, para retirar as dunas da praia de Laxe

O voceiro do BNG xustifica a recollida de sinaturas asumindo con audacia a representación e a moi cuestionada vontade unánime de toda a cidadanía de Laxe, e afirma a necesidade de retirar as dunas da parte baixa do paseo marítimo, o rebaixe da area acumulada e o traslado desta á zona do Cabo de Area. Para isto pide ao Ministerio de Transición ecolóxica unha actuación urxente.

Para as asociacións ecoloxistas Petón do Lobo, Cova Crea e o Ouriol do Anllóns, esta petición do edil denota unha falla de cultura ambiental evidente e unha incitación clara á posible comisión dun delito contra o medio ambiente. A petición, que conta xa con máis de 700 sinaturas, recolle unha vontade clara e manifesta do edil e das persoas que a apoian, de danar un dos sistemas dunares máis importantes de Galicia. Os sistemas dunares son hábitats moi sensibles. Polas súas características dináminas do sustrato areoso que conforman, vense a cotío moi afectados polas actividades relacionadas co mantemento das praias, a limpeza mecánica e a retirada de materia orgánica.

Praia Laxe Fonte Turismo de Galicia
Praia de Laxe. Fonte: Turismo de Galicia
foto antiga de Laxe, fotógrafo Vidal
Foto de Vidal, municipio de Laxe, co estado orixinal das dunas. As edificacións construíronse enriba do sistema dunar

O cordón dunar de Laxe atópase protexido pola Directiva de Hábitats da Unión Europa e é un hábitat prioritario. As dunas de Laxe acollen importantes especies de flora e fauna que precisan de programas concretos de conservación e xestión. Ademáis da súa biodiversidade e do seu elevado valor ambiental, o sistema dunar de Laxe participa na protección do sistema praia –duna fronte ao impacto dos temporais marítimos. Neste senso, se ollamos as antigas fotos de Laxe, realizadas polo magnífico fotógrafo Vidal, pódese ver como o sistema dunar antigamente ía máis alá da estrada e incluso sobrepasaba a liña de casas edificadas. Progresivamente, as edificiacións na primeira liña de costa, foron desprazando ás dunas e minguando o sistema dunar con grave afección deste.

A conservación do frente dunar de Laxe é un elemento chave para mitigar a súa erosión e frear o impacto dos temporais martítimos sobre os edificios e vivendas da primeira liña de costa.

Por outra banda, peticións como as do edil laxense poderían facer que a LFee (Foundation for Environmental Education) e a ADEAC (Asociación de Educación ambiental e do Consumidor) constatasen os incumprimentos dos requisitos preceptivos para dispoñer da distinción de bandeira azul, da que gozaron ata o de agora areais como o de Laxe, coa conseguinte perda e afección ao turismo, sector económico chave neste municipio.

sistema dunar de Laxe
Sistema dunar nunha praia de Laxe

As asociacións críticas coa actuación do edil darán traslado da petición realizada por este a través do portal change.org á Fiscalía, por se puideran existir indicios dunha posible incitación á comisión dun presunto delito contra o medio natural e a ordenación do territorio. Asemade instan ao edil laxense a deseñar plans concretos e específicos de xestión e conservación do magnífico cordón dunar do municipio de Laxe.

1
O edil de Turismo de Laxe. Fonte da imaxe: La Voz de Galicia

Un comentario sobre “Asociacións ambientais de Bergantiños critican a actuación irresponsable do edil Xosé Manuel Pose Lema, concelleiro de turismo do concello de Laxe e voceiro do BNG, que recolle sinaturas a través da web change.org, para retirar as dunas da praia de Laxe

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s