Galería

A Comisión europea condiciona a protección dos Dereitos Humanos no Sáhara Occidental, ao éxito do desarrollo das relacións económicas entre a Unión Europea e Marrocos, sobre o “espolio común” dos recursos do pobo saharaui. A Comisión introduce un matiz: que o “espolio” sexa sustentable

En resposta á petición 2/2018, realizada ao Parlamento europeo por unha asociación española, na que se solicitaba á Unión Europea a modificación da política exterior europea relativa ao Sáhara Occidental, a Comisión explica que “o aumento do compromiso derivado da normalización das relacións contractuais entre a UE e Marrocos debería contribuír a restablecer o diálogo en materia de dereitos humanos. A referencia, na modificación prevista, ás garantías do respecto dos principios democráticos e os dereitos fundamentais (en virtude do artigo 2 do Acordo de Asociación) debería facilitar a supervisión do respecto dos dereitos humanos, en particular dos dereitos socioeconómicos, no Sahara Occidental. Ademais, a modificación prevista establece un mecanismo periódico de intercambio de información sobre o uso sustentable dos recursos naturais no marco da modificación do Acordo, o que tamén promoverá unha distribución máis equitativa dos dividendos do crecemento. Desta forma será máis fácil desenvolver proxectos de cooperación destinados a quen menos se beneficien do Acordo modificado (por exemplo, os nómades)”.  

9999
A area do Sáhara Occidental é empregada cada ano por países como España para rexenerar as súas praias

A Comisión europea espera que o desarrollo e a intensificación das relacións comerciais e contractuais con Marrocos melloren a protección dos Dereitos Humanos no Sáhara Occidental. A Comisión indica que a UE e Marrocos negociaron recentemente unha modificación de determinados protocolos do Acordo de Asociación, en particular sobre o comercio de produtos agrícolas. A Comisión propuxo a sinatura e celebración do acordo o 11 de xuño de 2018, e adxuntou ás propostas un informe sobre do impacto socioeconómico que poderían ter os cambios. O Consello adoptou a decisión relativa á sinatura o 16 de xullo.

O que chama realmente a atención e que os acordos celebrados con Marrocos teñan por obxecto os recursos do pobo do Sáhara Occidental, e que a moeda de cambio sexa a protección dos Dereitos Humanos por parte de Marrocos.

4
A venda de fosfatos do Sáhara Occidental por parte de Marrocos. Fonte imaxe: Europa Press

Para intentar amortiguar esta postura tan hipócrita da Unión Europea con respecto ao Sáhara Occidental e o seu dereito a decidir sobre os seus propios recursos, a Comisión indroduce o termo “sustentable” no tocante aos tratados comerciais. Indica a Comisión que: As consideracións relativas ao desenvolvemento sustentable constitúen o elemento principal ao que van dirixidos os esforzos actuais da UE e de Marrocos por modificar os protocolos de liberalización do Acordo de Asociación e renegociar o Acordo de colaboración no sector pesqueiro, de forma que este último sexa un Acordo de colaboración no sector pesqueiro sustentable”. Temos que entender que estes acordos con Marrocos sobre produtos agrícolas e pesqueiros van a ser sustentables, é dicir, que non van a esquilmar todos os recursos do pobo saharaui; se ben o obxecto das negociacións son sobre os recursos deste pobo, e por tanto o espolio continua.

9991.jpg
As mellores minas de fosfatos do mundo atópanse no Sáhara Occidental

 

A Comisión europea gábase do seu traballo e emprega como exemplo o recoñecemento por parte de Marrocos da Asociación Saharauí de Vítimas de Violacións Graves dos Dereitos Humanos, a primeira asociación saharauí rexistrada. Indica que tamén se reforzaron as comisións rexionais do Consello Nacional de Dereitos Humanos de Marrocos, que operan en Dajla e no Aiún, para facilitar o seguimento da situación dos dereitos humanos no territorio. Marrocos foi obxecto do seu terceiro Exame Periódico Universal realizado polo Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas en setembro de 2017, tras o cal recibiu 244 recomendacións. Estas centrábanse principalmente na abolición da pena de morte, a detención da violencia contra as mulleres, a igualdade entre homes e mulleres, o fin da discriminación contra os nenos nados fose do matrimonio e a despenalización das relacións sexuais consentidas entre adultos do mesmo sexo. O Exame puxo de manifesto dificultades á hora de respectar a prevalencia da lexislación internacional en materia de dereitos humanos fronte á nacional. A Comisión apoia plenamente os esforzos do secretario xeral das Nacións Unidas destinados a lograr unha solución política que sexa xusta, duradeira e aceptable para ambas as partes, que prevexa a autodeterminación do pobo do Sahara Occidental no contexto de acordos coherentes cos principios e os obxectivos da Carta das Nacións Unidas. Polo que se refire aos refuxiados saharauís, a UE manterá a súa axuda humanitaria á poboación asentada nos campamentos de Tinduf e actualmente atópase en proceso de adopción de novos proxectos para apoiarlles no desenvolvemento de medios de subsistencia e capacidades.

43.jpg

En resumo, continua o “espolio consensuado” dos recursos do Sáhara Occidental tanto por parte da Unión Europea como por parte de Marrocos. Indrodúcese o matiz de que sexa unha “explotación sustentable” de recursos. A Comisión condiciona o aumento da protección dos Dereitos Humanos da cidadanía saharaui ao éxito das relacións contractuais con Marrocos. E por último, a Comisión delega nas Nacións Unidas todo o problema político do Sáhara occidental e manterá a axuda humanitaria aos refuxiados de Tinduf.

Para máis información véxase «Historia dun espolio»:

https://youtu.be/Yeruc4-qtvo

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s