Galería

Lenta pero segura, así avanza a tramitación das Peticións galegas presentadas no Parlamento europeo, relacionadas co proxecto mineiro de Touro

A Eurocámara dálle un pulo a unha Petición sobre a mina de Touro, despois de que na reunión de Coordinadores da Comisión de Peticións celebrada na xornada de hoxe, gañara a proposta da eurodeputada galega Ana Miranda, partidaria de continuar coa súa tramitación.

A asociación galega Cova Crea, a entidade que presentou a petición, dispón agora dun prazo de dous meses para aportar nova información.

A peticionaria solicita a Eurocámara unha visita de investigación sobre o terreo, para comprobar in situ, a afección da drenaxe áceda de mina aos ecosistemas e aos cauces de Touro.

Lémbralle asimesmo á Comisión de Peticións, o fracaso da rexeneración ambiental financiada ao abeiro do programa Interreg da Comisión europea.

Screenshot_2018-07-12-16-33-58
A eurodeputada galega Ana Miranda nunha intervención na Comisión de Peticións da Unión europea

Financiamento público da Unión Europea para a recuperación de chans degradados pola antiga actividade mineira de Touro

Existe ademais a posibilidade da existencia de financiamento público dá Unión europea para a restauración dos antigos labores mineiros e a posibilidade de que esta restauración non acadase os obxectivos propostos. Así nun dos carteis situados no lugar figura o financiamento con cargo ao programa INTERREG da Unión europea, para un proxecto denominado Phytosudoe (Recuperando chans contaminados no suroeste de Europa a través da Fitoxestión).

Tamén insta á Comisión para que obrigue á Dirección xeral de Enerxía e Minas a cumprir coa normativa relativa á restauración dos espazos mineiros degradados.

drenaxe áceda mina
Drenaxe áceda de mina nun ecosistema fluvial

DRENAXE ACEDA DE MINA

Tanto o regato Pucheiras como o río Portapego presentan concentracións anómalas de metáis pesados. O Pucheiras moviliza a meirande parte do cobre, seis veces por enriba da media anual que fixan as Normas de Calidade Ambiental. O mesmo ocorre co Portapego que presenta un pH hiperácedo, mil veces superior ao mínimo recomendado para as augas de consumo.

 

A Comisión, reacia a tramitar as peticións relacionadas coas actividades mineiras

Tal vez por motivos de economía procesal e o principio de subsidiariedade, a Comisión adoita informar negativamente as peticións presentadas pola cidadanía europea. Considera que son as autoridades locais as máis idóneas para resolver os problemas e deriva ás persoas peticionarias aos Tribunais nacionais.

Esta costume do executivo comunitario tende a desvirtuar o contido do Dereito de Petición.

O Dereito fundamental de Petición conságrase nos artigos 20, 24 e 227 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE) e no artigo 44 da Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea, polo que o mesmo non debe ser desvirtuado pola actuación da Comisión.

descarga.jpg

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s