O pasao 14 de marzo fructificaba un convenio de colaboración para promover o patrimonio mineiro de Laxe, asinado entre o alcalde do concello de Laxe, Xosé Manuel Mouzo Castiñeira; o presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Xoán de Deus Martín Aparicio; e o director xeral da empresa mineira Caolines de Vimianzo ( Cavisa), Xoán Xosé López Muñoz. Na sinatura participara tamén o concelleiro de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, Xosé Manuel Pouse Lema.
Agora Cavisa vén de presentar dous proxectos para impulsar a minería neste municipio de Laxe e nos limítrofes de Cabana e Zas.
As persoas afectadas teñen de prazo ata o 17 de xaneiro para presentar as correspondentes alegacións ante a delegación territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña.



