Galería

Manuela Cotelo, a muller que naceu en Sevilla e decidiu vivir en Corcoesto, cos seus avós

14
Igrexa de San Xoán Bautista, no Vulgo da Palma en Sevilla

Na casa nº 6 da praza do Castelo, en Sevilla capital da provincia, nacía o día 20 de setembro de 1877, Manuela. Manuela era filla de Francisca Cotelo, solteira, natural de Corcoesto (bautizada o día 3 de outubro). Francisca trasladárase a Sevilla, acompañando ao seu irmán Manuel Cotelo Caamaño, posiblemente vencellado á igresa por razón do seu traballo.

O párroco Martín León, con licencia do Doutor Francisco Manuel Reina, cura propio das parroquias unidas de San Xoán Bautista, Vulgo da Palma e do Apóstolo San Pedro de Sevilla, bautizaba así a unha nena que anos despois viviría en Corcoesto.

Os avós maternos foron Vicente Cotelo e María Caamaño. Os padriños, Manuel Ramos e Josefa Ramos, aos que o párroco lles advertiu do parentesco espiritual e demáis obrigas que contraían co solemne acto do bautizo, do que foran testemuñas. E así consta na partida no libro corrente de bautismos da parroquia de Xoán Bautista de Sevilla, o tres de outubro de 1877.

13
Igrexa de San Xoán Bautista, en Sevilla

Con tres ou catro anos Manuela trasladaríase a Corcoesto, para vivir cos avós maternos no lugar de Cures.

O 14 de xullo de 1906 casa con Ángel Vázquez Recouso, natural de Mesía. Ángel era un traballador das minas de Corcoesto, que atraído pola industria do ouro traballaría para os ingleses co seu irmá Pedro. Pedro Vázquez Recouso morrería ao pouco tempo, nun accidente laboral nas minas de Corcoesto, deixando a unha viúva, Teresa Méndez (alcumada «A Carrala»).

Pouco despois, tras a fallida industria mineira de Corcoesto, Ángel queda sin traballo e decide emigrar a América. O seu obxectivo é moi claro: non voltar nunca máis a Galicia, porque aquí o único oficio que lle esperaba era «cavar terróns».

A pesar de que Ángel intentou unha e outra vez que Manuela o acompañase, esta decidiu quedarse e apostar por un futuro en Corcoesto, para ela e o seu fillo, José Vázquez Cotelo.

Manuela fixo unha aposta valente e fíxose cargo da vida: labradora, produtora de madeira, familia monoparental….Todo un exemplo das moitas mulleres de Galicia, que loitaron por sacar adiante as súas familias en tempos difíciles.

En Corcoesto, hoxe viven os seus netos e os fillos destes, algún con moitas gañas de visitar o número 6 da praza do Castelo de Sevilla, para saber máis sobre da vida da súa avoa. Que sería da nai desta? E do seu tío? Haberá máis familia en Sevilla?

img_20161224_132155.jpg
Ao fondo, o lugar de Cures, onde viviría Manuela

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s