Nun acto que terá lugar o 9 de marzo ás 16 horas, no local social de Cures, a parroquia rendirá homenaxe ás súas mulleres. Haberá unha mesa redonda veciñal e a instalación dunha placa na súa memoria.
Entre as mulleres están:
- Sara Andrade, a muller de Corcoesto, titiriteira e artista, detrás dun dos teatros Barrigas Verdes de primeiros do século XX.
- Luisa de Lanzós, a muller que se enfrontou ao mosteiro de San Martiño de Santiago, para reivindicar o lugar de Cardezo como seu, na parroquia de Corcoesto.
- Tres mulleres de Corcoesto que desafiaron o poder do clero a principios do século XX: Josefa, Dolores Martínez Calvo e Concepción Calvo Amoedo.
- María do Vilar, gaitera de sona, no Corcoesto do ano 1767.
- Luisa e Isabel Ramona, as irmás de Corcoesto que loitaron a finais do século XIX pola redención dos foros.
- Rosa de Corcoesto: a muller que cautivou ao bardo Pondal, transgresora, emprendedora e feminista.
- As fillas de Rosa: madriña Antonia.
- Manuela Cotelo, a muller que naceu en Sevilla e decidiu vivir en Corcoesto, cos seus avós.
