A asociación ambiental e cultural Petón do Lobo estará o vindeiro mércores 20 de febreiro, na Comisión de peticións do Parlamento europeo, para tratar sobre dos lumes que ano tras ano, verán ou inverno, arrasan Galicia.
O presidente da entidade será o encargado de explicar as causas da mala xestión dos lumes en Galicia, os fallos estruturais que hai detrás da mala xestión do monte galego, a expansión incontrolada do eucalipto e os motivos polos que as plantas de biomasa non son a solución para frear o cambio climático en Galicia.