Galería

O sector mineiro de Galicia presenta videos “didácticos” sobre a minería sostible destinadas ao público infantil, mentras que as canteiras sen restaurar e as balsas abandonadas con drenaxe áceda da mina e metáis pesados, acumúlanse ao longo do país

  • O sector mineiro “tómalle o pelo” á cidadanía e anuncia unha xornada para presentar a Minaría Sostible de Galicia, con proxeccións didácticas para o alumnado de infantil, primaria e secundaria
  • Falla de transparencia nas axudas outorgadas pola Xunta de Galicia ao sector mineiro
  • Falla de restauración mineira e danos á paisaxe, a práctica habitual do sector mineiro galego
  • Non é a primeira vez que o lobbie mineiro intenta un facer un “lavado de cara”

O 12 de febreiro, no auditorio da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, o sector mineiro de Galicia di que vai a presentar nunha xornada a Minaría sostible de Galicia. Véxase o enlace web https://minariasostible.gal/evento/.

Nun intento de “lavado de cara” do que xa existen precedentes, a Cámara oficial minería de Galicia, a Escola de Enxeñeiros de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, representada por Natalia Caparrini, o Colexio Oficial de Xeólogos, representado por Pablo Núñez e o Director da COMG, Diego López, co refrendo da intervención do Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, din que van a presentar a “Minaría Sostible de Galicia”.

A presentación inclúe varias proxeccións audiovisuais explicativas da minería destinadas ao alumnado de infantil, primaria e secundaria.

Minaría Sostible Infantil

https://www.youtube.com/watch?v=FysyXvoiDW0

Minaría Sostible Primaria

https://www.youtube.com/watch?v=IR5g35y8_74

Sen embargo, as canteiras sen restaurar e as balsas abandonadas con drenaxe áceda da mina e metáis pesados, acumúlanse ao longo do país. Estes escearios de desolación restan credibilidade e lexitimación a calquer iniciativa didáctica do sector mineiro galego, que debera practicar co exemplo e non con videos.

Monte Neme 2
Balsa mineira abandonada do monte Neme, Carballo

Non hai máis que comprobar o alarmante estado dos ríos de Touro, sen vida e gravemente afectados pola minaría irresponsable da Xunta de Galicia, ao igual que outros casos de sobra xa coñecidos como o das balsas do monte Neme en Carballo, Santa Comba ou no caso das minas de San Fins en Lousame.

Cómpre indicar tamén a falla de transparencia que existe en relación ao outorgamento das axudas que recibe o sector, para estas actividades divulgativas. Así a Orde do 15 de marzo de 2018, establecía as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego, e se procedía á súa convocatoria para o ano 2018. Sen embargo, a falla de transparencia na concesión destas axudas é tan evidente que non existe nin rastro das persoas beneficiarias nin das actividades que se realizaron cos fondos públicos de todas as galegas e galegos, tanto no DOG como na web da Consellería de Industria e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas. Polo tanto, é imposible saber tanto a identidade das persoas beneficiarias, como das contías das axudas e do seu obxecto, o que agrava o “escurantismo” que envolve ao sector, propiciado pola propia Xunta de Galicia.

Falla de restauración mineira e danos á paisaxe, a práctica habitual do sector mineiro galego

Desde a Rede Contraminacción indican que, hai que ser “cínicos” para falar de “Minería sostible”, tendo en conta o actual estado das minas de Touro, onde a drenaxe áceda da mina está a ser estudada polo Parlamento europeo, ao existir indicios da súa afección ao río Ulla, feito xa denunciado por diversos colectivos en reiteradas ocasións e pola propia veciñanza de Touro.

Ademáis cómpre lembrar ao respecto as pozas envelenadas en Galicia pola drenaxe áceda da minería. A restauración mineira esquecida…, e que a Xunta de Galicia chegou a promocionar como atractivo turístico ou incluso ambiental.

Baixo o nome de “lago de intenso azul” ou “hermosas aguas turquesas” ou “paraíso”, estanse a apoiar as “bondades” destas pozas ou balsas tóxicas, que acumulan gran cantidade de metáis pesados e que son froito da minería extractiva e contaminante.

Como é habitual a Xunta de Galicia apoia estes eslogans propagandísticos, que na realidade agochan a traxedia da degradación das paisaxes, a falla de restauración mineira e o dano ambiental. Como exemplos existen os casos da Poza de Cartelle, en Ourense, afectada pola drenaxe áceda da minería; a Poza da canteira de Ventoxo, no municipio de Forcarei (Pontevedra); a Poza da canteira de Pedras Miúdas, en Catoira, afectada pola drenaxe áceda da minería; a Poza da canteira de Nantón, Cabana de Bergantiños (A Coruña), afectada pola drenaxe áceda da minería; a Balsa tóxica da minería no Monte Neme, en Carballo, acentúada polo drama de que esta incluso foi obxecto de publicidade institucional por parte da Axencia de Turismo de Galicia. A súa cor é indiciaria da existencia de metáis pesados (drenaxe áceda de minería).

Non é a primeira vez que o lobbie mineiro intenta un facer un “lavado de cara”, pero non convence a ningúen

A desesperación do lobbie mineiro por ser aceptado socialmente levouno a reunirse con anterioridade en Santiago de Compostela, baixo o lema “Compromiso coa sociedade”, no marco do V Congreso Nacional de Áridos organizado pola Federación de Áridos (FdA).

O lobbie mineiro botaba man, naquel intre, do apoio institucional e de altos cargos da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do concello de Santiago, do Ministerio de Transición ecolóxica, do Adif e da entidade ambiental Seo Bird Life para “un lavado de cara” sen precedentes da minaría galega, dentro V Congreso Nacional de Áridos, que tivo lugar o 24 de outubro pasado, en Santiago de Compostela, baixo o lema “Comprometidos coa sociedade”.

123.png
Bárbara, a imaxe dos videos didácticos de «Minaría sostible de Galicia». https://minariasostible.gal/evento/

 

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s