Arestora vivimos de espaldas aos ríos. Sen embargo, isto non foi así noutros tempos. A xente vivía de cara os ríos, que era dos que obtiña o sustento de cada día. Así no río Anllóns existían ao longo do seu discorrer muíños fariñeiros, batáns, pesqueiras, as famosas lampreeiras, mexilóns de río, salmóns, fábricas de madeira, telleiras…etc. Multitude de actividades económicas todas elas que xiraban en torno á vida nos ríos.


Vamos a lembrar algunhas desas actividades e acontecementos que xiraban en torno ao río.
Aproveitamentos no río Anllóns
O 24 de marzo de 1933 publicábase na Gaceta de Madrid nº 83, o expediente incoado por Manuel Vázquez Guntín, para unificar os aproveitamentos que posuía sobre o río Anllóns, no municipio de Ponteceso (A Coruña).
Os aproveitamentos aos que se refería era a explotación hidroeléctrica dun salto de auga e a dun muíño fariñeiro na parroquia de Anllóns.

O volumen máximo que podía derivar do río era de 3.000 litros por segundo, con destino á producción de forza motriz para usos industriais e o establecemento dun muíño fariñeiro, non puidendo distraer das augas en todo o seu recorrido ata a súa incorporación ao río, para ningún outro servizo, non alterar a súa composición e pureza e reservándose a Administración o dereito de obrigar en calquer momento ao concesionario á instalación dun módulo que limitara o caudal derivado ao concedido.
O concesionario tería que coidar durante todo o tempo, que as obras construídas tiveran a suficiente impermeabilidade para que non houbese filtracións, escapes nin perda de auga.

As tarifas máximas aplicables que podería percibir o concesionaro eran: para alumeado: 0,10 pesetas por hectovatio nas contratas a contador, e 2,3, 3,5, 5, 7, 8 e 11 pesetas por cada lámpada de 5,8, 10,16, 25, 32 e 50 buxías, respectivamente, nas contratas a consumo libre durante toda a noite.

Para a forza motriz: 0,6 pesetas por hectovatio nos contratos a contador e nos que se establecera o consumo libre 4,50 pesetas por cabalo –ano ou 300 pesetas pola mesma unidade, exceptuados os meses de agosto e setembro.

No referido á moenda percibiría unha vintecatroava parte do gran moído.
Como era habitual naquela época, a Administración reservávase o dereito de tomar da concesión os volumes que fosen precisos para a conservación das estradas na forma que estimara máis convinte, pero sen prexudicar as obras da concesión nin a explotación do aproveitamento.
A concesión outorgábase por un prazo de setenta e cinco anos, a partir da data na que se autorizaba a súa explotación total ou parcial. Pasado este prazo a concesión revertía ao Estado libre de cargas, tal e como establecía o Real Decreto de 10 de novembro de 1922. As obras comezarían no prazo de seis meses, contados a partir da publicación da concesión na Gaceta de Madrid e terían que estar rematadas en dezaoito meses, desde esa data.
A desecación das marismas do Anllóns
Na Gaceta de Madrid nº 336, do día 2 de decembro de 1869 publicábase por parte do Ministerio de Fomento, a autorización concedida a Manuela Rodríguez de Cancio, representada por Ignacio de las Heras, a concesión das marismas do Anllóns, na provincia da Coruña, para o seu aproveitamento con arranxo ao proxecto que presentara esta, para executar as obras de desecación e aproveitamento das marismas do río Anllóns, na ría de Ponteceso –Laxe. As obras de desecación mellorarían a navegación no río.
A concesionaria pasaría a ser dona a perpetuidade dos terreos propios do Estado ou de uso comunal dos pobos, según o establecido na Lei de augas daquela época. A concesionario quedaba orbrigada a depositar unha fianza dun 4% do orzamento das obras e a principalas no prazo dun ano, a continualas sin interrupción e deixalas completamente rematadas en 40 anos e a conservalas en bo estado.
A falla de cumprimento dalgunha das obrigas mencionadas produciría a caducidade da concesión. A concesión realizábase sin prexuizo de terceiros e baixo a salvagrada dos intereses particulares. As persoas afectadas e prexudicadas poderían acudir aos Tribunais para a presentación das oportunas reclamacións. Así o asinaba Echegaray, Director xeral de obras públicas, agricultura, industria e comercio daquela época.
Dada a carestía económica da época e a falla de alimentos agrícolas, eran bastante habituais as solicitudes para cultivar no dominio público hidráulico, ás beiras do Anllóns ou na súa desembocadura.
Así o recollía tamén El Correo de Galicia, que facía referncia a unha solicitude de Juan Domínguez Canto, veciño de Ponteceso, para a agricultura na marxe dereita do río Anllós, no lugar denominado Xuncal Pequeno.
O embarcadoiro do Pendón, en Cabana
No BOE nº 191 do 9 de xullo de 1952, publicábase unha Orde asinada polo Director Xeral de Aduanas daquela época, pola que se habilitaba un punto da costa denominado “Pendón” (A Coruña), para o embarque e desembarco en réxime de cabotaxe de madeiras e materiais de construcción.
A autorización concedíase a petición de José Blanco Cundíns, industrial madereiro de Ponteceso, na que pedía a habilitación deste punto, próximo á Aduana de Ponteceso, para o embarque e desembarco de madeiras do país en tronco ou aserradas na fábrica da súa propiedade, así como para descargar en igual réxime, cables, tellas, ladrillos e cementos con destino ao seu almacén de materiais de construcción que tamén posuía.
Alegaba o solicitante que a falta de habilitación deste punto lle orixinaba grandes prexuizos para o desarrollo da súa industria e gastos excesivos.
Por elo, considerando que o punto denominado “Pendón” atopábase entre o chamado “Tullería” habilitado xa nesa época e a Aduana de Ponteceso, decídese habilitar o “Pendón” sito na parroquia de Cesullas, municipio de Cabana, para o embarque e desembarco, en réxime de cabotaxe. As operacións de cabotaxe terían que practicarse coa intervención e documentos da Aduana de Ponteceso, e baixo a vixiancia do Resgardo deste posto. O interesado debería realizar os despachos precisos e aboar as dietas e gastos do funcionariado que intervira nas operacións que se autorizaban.
Empresarios da madeira
A data de 28 de agosto de 1954 contaban con certificado profesional clase A para a compra de madeira os seguintes industriais:
Maximino García Rellán de Ponteceso, para a compra de 250 metros cúbicos de madeira anuais.
Manuel Martínez Suárez de Cabana, para a compra de 750 metros cúbicos de madeira anuais.
Agustín Fondo Costa de Cabana, para a compra de 400 metros cúbicos.
Ramón Blanco Cundíns de Cabana, para a compra de 450 metros cúbicos.
Jesús Eiroa Gómez de Cabana, para a compra de 500 metros cúbicos.



Posuía certificado ou autorización clase B:
José María Blanco Díaz de Cabana para 700 metros cúbicos.
Manuel Pet Romero de Cores, Ponteceso para 750 metros cúbicos.
Antonio Lema Otero, de Borneiro, Cabana para 750 metros cúbicos.

A Fundación «Joaquín Martínez Verdes» da parroquia de San Félix de Anllóns
Quen era Joaquín Martínez Verdes?
Joaquín Martínez Verdes era natural da parroquia de San Félix de Anllóns. Faceleu o 12 de agosto de 1911 na cidade de Azul, República da Arxentina. No seu testamento realizado ante o notario Andrés Regueiro Vázquez dispuxo formalizar un Colexio de Ensinanza Primaria, que levaría o seu nome na parroquia de Anllóns. Para o seu sustento económico asignou a renda dos bens que posuía na súa parroquia de orixe e outras, cedidas en alugueiro a Perfecto Barca, a cambio de 45 ferrados de trigo. Estes froitos dividirianse en tres partes: unha para as reparacións da casa, útiles e outros gastos do Colexio, outra para repartir entre os pobres de solemnidade da parroquia de Anllóns e outra para custear unha misa de aniversario anual e o mantemento do panteón familiar ubicado no atrio desta parroquia.
A Fundación foi clasificada como de beneficencia particular docente privada por Orde do Ministerio de Educación Nacional o 13 de decembro de 1945, coa obriga de formular orzamentos e rendir contas ao Protectorado.
O 27 de xullo de 1950 publicábase no BOE o acordo polo que se concedía a esta Fundación “Joaquín Martínez Verdes” a exención do imposto sobre os bens das persoas xurídicas, a instancia de Bernardo Martínez González. Asinaba o acordo o Director General do Contencioso do Estado, naquela época Franciso Gómez de Llano.
Un río de morte…
O 1 de xuño de 1922 o Diario independente “El Compostelano” recollía a noticia do achádego do cadáver de Manuel Lista Lorenzo, de 36 anos e veciño de Cances, no lugar coñecido como o “Pozo” de Santa Mariña do Remuíño, na parroquia de Corcoesto. Os restos da minaría na zona, neste caso un pozo sen cerrar causaban a morte dunha persoa.

Mariñana
O 15 de novembro de 1925, no nº 22 da revista ilustrada “Mariñana” do director –propietario Eduardo García Ramos publicábase unha fotografía do río Anllóns.
Cando o río Anllóns era un río salmoneiro…

A Ponte Dona…
O 11 de setembro de 2012 acometíanse as obras de reparación da Ponte Dona, no municipio de Ponteceso. As labores arqueolóxicas de control da obra realizáronse por Mar López Cordeiro.

Durante os meses de agosto e setembro de 2012 realizouse a actuación arqueolóxica relacionada coas “Obras de Reparación da Ponte Dona sobre o río Anllóns”, nos municipios de Coristanco e Ponteceso. O proxecto foi promovido pola Subdirección Xeral de Conservación e Resturación de Bens Culturais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
A ponte presentaba diversos danos de gravidade ocasionados polas últimas enchentas do río.
A ponte está incluída no Inventario de pontes históricas de Galicia co código C-56 (Alvarado, Durán e Nárdiz 1991: 339).
Segundo a veciñanza da zona a ponte foi construida por un industrial portugués para poder dar saída á madeira desde estas zonas a outras con mellores comunicacións.
A referencia máis antiga sobre Ponte Dona é do ano 1839. Foi nomeada no poema Queixumes dos pinos do poeta Eduargo Pondal.

A ponte consta de cinco arcos para os que se empregaron dinteles de granito de bo tamaño. Ten catro pilas de planta rectagunlar e dimensións irregulares, máis anchas as centrais, con unha altura de 3,5 metros.


As Administracións públicas tamén dan a espalda ao río …
Os efectos dos puríns, os herbicidas, o abuso de fertilizantes por parte das explotacións gandeiras cada vez de maior dimensión, a falla de saneamento dos núcleos poboacionais e o cambio climático están a afectar de xeito irreversible ao río Anllóns.



Lugares de culto á beira do Anllóns
Destaca pola súa singularidade as ruínas da Capela, na parroquia de Anllóns. A microtoponimia neste caso proporciona indicios claros sobre da existencia dun lugar de culto, probablemente a Sta. Bárbara. Á beira desta parcela atópase o monte do Rei e as Lampreeiras, zona do río rica na pesca da lamprea.
Nos séculos XVI e XVII era moi común que determinados bosques pertenceran ao dominio do Rei, sobre todo aqueles que podían representar ingresos para as arcas reais, a través de concesións de pesca ou de moenda.

Sorpresas ao longo do curso fluvial do Anllóns: Porto dos Carros e Muíños Novos
O curso do río tamén depara sorpresas. Así atopámonos no lugar de Vilariño, na parroquia de Beres co Porto dos Carros. Os portos fluviais eran lugares de paso seguros, neste caso para os carros. Moi preto, atopamos os Muíños Novos, e aquí destaca o muíño do Penelo.

A microtoponimia non deixa de darnos gratas sorpresas. Así fai referencia a presencia de Carballeiras e Devesas nesta zona.

Os muíños da Retorta no municipio de Coristanco, na Ponte Dona


