Galería

As festas das comunidades ribeiregas do Anllóns: a banda de Cotelo, a banda de Pontedona, o gaiteiro de Vimianzo e o fogueteiro de Baio

Nunha ollada á prensa histórica atopámonos co xornal El Ideal Gallego, que o 1 de setembro de 1923, recollía no parágrafo referido á información rexional, noticias sobre das festas que se celebraban naquela época en torno ao río Anllóns.

Así falaba das festas organizadas na honra de Santa Mariña, Santa Margarida e a Diviña Pastora, que tiñan lugar na vila de Ponteceso entre os días 8, 9, 10 e 11 de setembro.

As festas comezaban con bombas de palenque e o repique das campás. A banda de música de Cotelo percorría as rúas tras saudar ás autoridades, alegrándoas con bonitos pasodobres.

Esta mesma banda musical encargábase da verbena nocturna, a partir das nove da noite e todo nun ambiente no que destacaría a sorprendente iluminación.

O día seguinte a banda de música de Cotelo repetiría actuación xa desde a mañanciña, con dianas e alboradas. Naquela época estaba de moda o paseo da Ponte e o Relleno, polo que era nestes espazos onte tiñan lugar a maior parte das celebracións festivas.

A música tamén chegaba ao edificio da «Ayudantía de Marina», onde de seis a nove da noite tamén tocaban as bandas de música.

O día 10 a banda de Pontedona, a de Cotelo e as gaitas do país espertaban á veciñanza coas súas dianas e alboradas. Gran solemnidade tiña a misa na honra de Sta. Mariña, a que asistían numerosas autoridades.

Este mesmo día ás catro e media da tarde había nun salón luxoso da vila, unha desfile de mozas de gran beleza, entre as mulleres elegantes da vila. Tamén carreiras pedestres. De oito a nove da noite o programa recollía un paseo de moda, amenizado polas bandas de música no Relleno e a Avenida da Ponte, lucindo por ambos paseos unha fermosa carroza típica do país, bailando a muiñeira dúas parellas de nenos dos dous sexos, aos acordes do afamado gaiteiro de Vimianzo, que iría acompañado do seu tamboril e bombo. Todos eles vestirían co traxe típico.

79.jpg
Foto Vidal – Ponteceso

Pola noite de once a cinco da mañá luciría a fermosa iluminación á «veneciana» no Relleno, e no paseo tocarían as bandas de Cotelo e Pontedona, queimándose durante a velada unha soberbia colección de fogos artificiais e elevándose varias clases de globos polo pirotécnico de sona de Baio. Ao rematar este afamado pirotécnico dispararía un «cubo de fuego» de lucería.

O día 11 volverían a repetirse o concerto da banda de Pontedona. A unha e media sairían as embarcacións habilitadas para a pasaxe, para o frondoso Bosque da vila, onde terían lugar as tradicionais merendas, disfrutando dos encantos da paraxe.

De once a unha da noite, repetiríase a ilumanción e o derradeiro concerto musical do paseo no Relleno e a avenida da Ponte. Ademais organizaríanse dous festivais para o Casino e o Centro Artesán, na honra das familias e forasteiros.

777
Artigo do xoral El Ideal Gallego, de 1 de setembro de 1923
7778
Escultura do gaiteiro realizada por un dos alumnos da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s