Galería

Lidia Senra visita o Banco Mais Fendendo do Mundo, entre Ordes e Cerceda, e reclama un novo modelo de xestion de residuos para Galiza que cumpra os obxectivos de reciclaxe da UE

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

  • Visitou o Banco Máis Fedento do Mundo, en Ordes, con vistas ao macrovertedoiro da Areosa, en Cerceda, onde Sogama enterra o 88% do lixo que recibe a diario dos concellos de todo o país
  • Comprométese a seguir traballando no Parlamento Europeo para denunciar a continua ameaza que supón para as augas que bebe a poboación de Santiago, xa que os vertidos do marcrovertedoiro van ao Lengüelle, afluente do río Tambre

CORTE AUDIO DECLARACIÓNS DE LÍDIA SENRA DE HOXE:

https://www.dropbox.com/s/l7lgklnzec5axmm/Audio%20Lidia%20Senra%20no%20Banco%20Mais%20Fedento.mp3?dl=0

VÍDEO DE COMO É O MACROVERTEDOIRO DE SOGAMA HOXE EN DÍA AQUÍ:

https://www.dropbox.com/s/h7ea9q8ght52wz6/vertedoiro%20de%20sogama.mov?dl=0

Ordes14 de maio de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea: Compromiso por Europas ás eleccións europeas do 26 de maio, visitou este martes pola mañá o Banco Máis Fedento do Mundo, acompañada por veciños e veciñas da comarca de Ordes e por membros dos diferentes colectivos organizados na contorna en defensa do medio ambiente e do rural vivo. Senra considera fundamental que todos os habitantes da Galiza visiten este lugar e se senten no banco uns minutos para ‘gozar’ do cheiro e da aberración ambiental que supón o macrovertedoiro que Sogama ten na Areosa, no concello de Cerceda, dos máis grandes de toda Europa.

Lidia Senra co vertedoiro de Sogama detras

A eurodeputada denunciou que Sogama só xestiona o 12% do lixo que lle chega procedente dos concellos de toda Galiza, xa que o 88% restante dos residuos son enterrados directamente no macrovertedoiro sen selección, danando augas, terras, vidas. “Urxe outro modelo alternativo a este no que Xunta e Naturgy van da man para beneficio empresarial. É indignante que na actual UE se permitan, coa connivencia das Administracións, situacións deste tipo. Denunciámolo en reiteradas ocasións durante este mandato no Parlamento Europeo e seguiremo a facelo”, defende a candidata ás eleccións europeas do 26 de maio.

Lidia Senra andando cara ao vertedoiro de Sogama

Neste sentido, incidiu na urxencia de poñer en marcha un novo modelo de tratamento de residuos totalmente público, descentralizado en cada concello ou comarca, e baseado na redución, reciclaxe e reutilización, respectuoso ante todo co medio ambiente. Criticou que Galiza está moi lonxe dos obxectivos de reutilización e reciclaxe de residuos marcados pola UE, fixados en que todos os concellos dos Estados membros reciclen o 50% dos residuos no 2020, o 55% no 2025, o 60% no 2030 e o 65% no 2035.

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s