Galería

Experto internacional en seguridade mineira alerta do risco de falla catastrófica das presas en San Finx

Na visita de inspección ás presas mineiras Emerman constatou o proceso de erosión interna que, eventualmente, provocará o colapso da presa e a chegada de decenas de millaress de toneladas de residuos mineiros altamente contaminantes á ría de Muros-Noia.
Noia, 29 de xuño de 2019. Na noite do venres o auditorio do antigo matadeiro de Noia atendeu atónito durante dúas horas e media as serias advertencias do Dr. Steven H. Emerman sobre o estado das presas de residuos mineiros de San Finx e a chegada de metais pesados á ría, que denominou como «bomba química de reloxaría» prestes a activarse en calquera momento.
O coloquio, baixo o suxestivo título «Todo o que sempre quixeches saber sobre as Minas de San Fins e nunca te atreviches a preguntar», foi organizado polo Centro de Saberes para a Sustentabilidade, ente recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas, coa colaboración de PLADEMAR e Verdegaia.
Durante a súa presentación, o Dr. Emerman insistiu que tanto o proxecto aprobado pola administración da Xunta en 2009 como os recentes informes asinados polo Prof. Felipe Macías son unha auténtica burla, que ademáis poñen en perigo crítico a ría de Muros-Noia. Explicou detalladamente como empresa e administración, co aval do antigo catedrático da Universidade de Santiago, pretenden establecer unha falsedade consistente en que no río San Fins existiría un fondo natural de metais que impediría cumprir os limites legais de substancias contaminantes perigosas como o cadmio, coñecido axente canceríxeno.
Emerman está finalizando un detallado informe no que analiza pormenorizadamente a situación das minas de San Finx e desmonta un por un os argumentos e incongruencias que presentan os informes da empresa concesionaria, redactados polo edafólogo xubilado Felipe Macías. Para completar os informes, esta semana Emerman realizou unha visita de inspección ás minas de San Finx, onde foi posíbel comprobar os procesos de erosión interna que ameazan a integridade estructural das presas mineiras e que, eventualmente, provocará a falla catastrófica da presa maior e a inxección instantánea de decenas de millaress de toneladas de residuos mineiros altamente contaminantes á ría de Muros-Noia.
O Dr. Emerman, con 31 anos de experiencia na avaliación de presas de residuos, deixou que non está en contra da minaría pero que nunca, en toda a súa carreira, vira presas de residuos mineiros no estado de abandono no que se encontran as de San Finx, sendo isto especialmente grave tratándose de presas de formigón contruídas segundo un antigo método británico que quedou obsoleto hai máis de medio século. «Só quedan algúns exemplos de presas mineiras como as de San Finx nalgunhas ex-colonias británicas, na India, e en África, sendo que a maioría das estructuras desta clase ou ben colapsaron ou foron desmanteladas polas autoridades polo risco que supoñen».
O Dr. Emerman é un recoñecido consultor internacional en hidroloxía e especialista na avaliación da afectación ambiental das explotacións mineiras. É Doutor en Xeofísica pola Universidade de Cornell, Máster en Xeofísica pola Universidade de Princeton e Licenciado en Matemáticas pola Universidade Estatal de Ohio. Ten 31 anos de experiencia no ensino universitario de hidroloxía e xeofísica e 66 publicacións científicas na materia. Como consultor independente, ten traballado para empresas mineiras, organismos públicos e organizacións non-gobernamentais.
emerman_noia
Dr. Emerman insistiu que tanto o proxecto aprobado pola administración da Xunta en 2009 como os recentes informes asinados polo Prof. Felipe Macías son unha auténtica burla, que ademáis poñen en perigo crítico a ría de Muros-Noia

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s